Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Podoloxía Deportiva
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía específica do membro inferior/750G02002
Psicoloxía/750G02006
Farmacoloxía/750G02009
Sistemas de Información e Comunicación en Ciencias da Saude/750G02010
Método científico e Saude Pública/750G02011
Biomecánica do membro inferior/750G02013
Radiodiagnóstico e Radioprotección/750G02014
Podoloxía Preventiva/750G02015
Ortopodoloxía 1/750G02017
Ortopodoloxía 2/750G02018
Ortopodoloxía 3/750G02019
Ortesioloxía dixital e calzadoterapia/750G02020
Dermatoloxía/750G02026
Quiropodoloxía 1/750G02027
Quiropodoloxía 2/750G02028
Cirugía Podolóxica 1/750G02029
Cirugía Podolóxica 2/750G02030
Prácticum 1/750G02033

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Terapéutica farmacolóxica/750G02024
Prácticum 2/750G02034

Materias que continúan o temario
Prácticum 3/750G02035

Observacións

O primeiro día do curso académico coincidente co horario da materia terá lugar unha sesión de presentación da materia, da guía docente e da organización da asignatura, que incluirá a organización dos grupos tanto de seminarios como de prácticas, así como a presentación do calendario do rotatorio. Dita organización (grupos de prácticas) tratará de acordarse, de ser posible, tendo en conta circunstancias específicas do alumnado. Todo o alumnado que non asista á devandita sesión será incluído automaticamente nos grupos nos que por necesidade de equilibrio de composición dos mesmos sexa preciso. Fixaranse unhas datas límite para opción de cambios de grupo.

Para asistir ás prácticas clínicas utilizarase a indumentaria asistencial e identificación obrigatoria da Clínica Universitaria de Podoloxía.

Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente, Persoa e Igualdade de Xénero

  1. Os traballos documentais dos seminarios da materia solicitaranse en formato informático
  2. Toda a información da organización da materia así como o temario estará disponible en Moodle en formato PDF para ser descargada ou consultada en liña sen necesidade de realizar a impresión de esta. No caso de ter que imprimila recoméndase: 
    1. Impresións a dobre cara
    2. Empregar papel reciclado
  3. Como parte dos valores da materia traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, así como facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
  4. É recomendable facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural (por exemplo, evitar mercar botellas de auga de plástico ou empregar unha para encher de auga da fonte da facultade ou da clínica universitaria)
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes