Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Dermatoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A19 B1 O exame incluirá preguntas relacionadas cos contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como nos seminarios, e como nas actividades de lectura de traballos científicos e artigos relacionados coa materia (Recensión Bibliográfica). A máxima puntuación que se pode obter neste apartado son 7 puntos.
Unha semana antes do exame facilitaráselle ao alumnado a puntuación das preguntas.
É necesario obter polo menos o 50% da nota total da proba mixta para superar a materia e poder sumar á cualificación final o resto de items da avaliación.
70
Recensión bilbiográfica A19 B1 C1 C3 C4 C7 As actividades relacionadas coa recensión bibliográfica son de carácter voluntario. Ó inicio do cuatrimestre facilitaraselle ó alumnado as pautas da sua realiación e a data límite de entrega. 10
Seminario A19 B1 C1 C3 C4 C5 C7 A asistencia aos seminarios non é obrigatoria. Realizarase un seguimento da asistencia do alumnado e a participación ós mesmos. A máxima puntuación que se pode obter neste apartado é 2 puntos. 20
 
Observacións avaliación

Para poder aprobar a materia a cualificación da "proba de resposta múltiple" ha de ser maior ou igual a 3,5 sobre 7. Se a cualificación é inferior a esta cifra (3,5), non se sumarán as cualificacións relativas aos apartados "seminario" e "recensión bibliográfica", e a cualificación será "SUSPENSO". Ademais, a nota total da suma das diferentes metodoloxías de avaliación ha de ser igual ou superior ao 50% da calificación total (5 sobre 10).

Os coñecementos a avaliar non se cinguirán ao que aparece escrito no material de traballo ou diapositivas entregadas polo profesorado. O alumnado deberá complementar a información e os contidos explicados na sesión maxistral e nos seminarios coa bibliografía recomendada. A información recollida nas diapositivas é meramente "informativa" e "de apoio" e non son os "APUNTAMENTOS DA MATERIA".

MATRICULA DE HONRA. O alumnado con nota igual ou superior a 9 poderán optar a matrícula de honra. A decisión tomarase pola nota máis altas.

NON PRESENTADO. O alumnado que non se presenten á proba mixta serán avaliados como "NON PRESENTADOS", independentemente da participación noutras actividades.

MATRICULA PARCIAL. O alumnado con matricula parcial debe ter en conta que a presencialidade e participación nas diferentes actividades da materia é opcional. Para superar a materia poden presentarse á proba mixta, pero a súa nota debe ser igual ou superior ao 50% da cualificación total da materia.  A asistencia ós seminarios poderá ser sustituida pola realización dun Traballo sobre un tema DERMATOLÓXICO acordado co profesorado ó inicio do curso. O alumno/a debe informar o profesorado desta situación como moito ata un mes despois do inicio das clases.

OPORTUNIDADE ADIANTADA. O alumnado que non teña pendente mais de 12 créditos, de materias das que xa estivese matriculado nalgún curso académico, ou de 18 créditos correspondentes ás prácticas, ademais do TFG, para finalizar os seus estudos poderá concorrer a unha oportunidade adiantada de avaliación, que se realizará antes da finalización das actividades académicas do 1º cuadrimestre, naquelas datas que se establezan no calendario académico aprobado polo Consello de Goberno. Os criterios de avaliación serán os mesmos que para o resto do alumnado.

2º O POSTERIORES OPORTUNIDADES. O alumnado presentado a 2º ou posteriores oportunidades gardaráselle as notas da parte de seminario e recensión bibliográfica sempre que participase e superase as diferentes actividades. O alumnado que non participase no resto de actividades de evaluación (recensión bibliográfica e seminario) ten que superar a proba obxetiva cunha nota igual o superior a un 5 sobre 7 para superar a materia (5 sobre 10 na evaluación final).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes