Teaching GuideTerm
Faculty of Nursing and Podiatry
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Subjects
  Chiropody 2
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech As sesións maxistrais consisten en clases expositivas-participativas dos contidos básicos da materia, con apoio de imaxes, gráficos, esquemas, etc. As sesións maxistrais centraranse nos contidos principais do temario.
Seminar Nos seminarios abordaranse temas específicos das unidades didácticas do temario da materia, sobre os cales se desenvolverán actividades en grupo.
Laboratory practice A asistencia á totalidade das prácticas é obrigatoria e ás mesmas cada alumno/a deberá ir provisto de bata branca, lentes de protección e tesoiras multiusos.
Nas prácticas, cada alumno/a debe ser capaz de alcanzar os seguintes obxectivos:
- Aplicar as recomendacións universais de prevención de risco biolóxico.
- Realizar probas diagnósticas e identificar patoloxías quiropodológicas.
- Aprender e aplicar técnicas de deslaminación e enucleación de queratopatías e adestrarse nestas técnicas mediante prácticas manuais, para adquirir destreza e hábito quiropodológico.
- Confeccionar almohadillas e proteccións.
- Adquirir os coñecementos para a aplicación de tratamentos e técnicas de corrección e reeducación da lámina ungueal.
- Confeccionar uñas de resina con fin terapéutico e/ou estético.
- Realizar técnicas e aplicar protocolos de actuación quiropodológica.
- Aplicar a historia clínica.
- Realizar técnicas de exploración, diagnóstico e tratamento quiropodológico.
- Coñecer e aplicar técnicas de tratamento en patoloxía dérmica.
- Identificar e tratar queratopatías e helomas, alteracións da lámina ungueal, dermatopatías e papilomas.
- Aplicar técnicas de administración de fármacos.

Ao finalizar todas as prácticas cada alumno/a deberá entregar unha memoria de prácticas no prazo fixado ao comezo da materia.
Supervised projects Realizarase un traballo en grupo dun tema relacionado coa materia cuxos requisitos e prazo de entrega comunicaranse ao comezo da docencia da materia.
Mixed objective/subjective test Exame de preguntas (test e preguntas curtas) relacionadas cos contidos da materia tanto en sesións maxistrais como en seminarios e prácticas de laboratorio. O día do exame facilitarase información sobre a puntuación das preguntas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes