Teaching GuideTerm
Faculty of Nursing and Podiatry
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Subjects
  Chiropody 2
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A24 A26 A29 B1 B3 B16 C1 C3 C6 Avaliarase o contido, metodoloxía e bibliografía consultada do traballo realizado. 10
Seminar A24 A27 A29 B3 B16 C1 A avaliación dos seminarios avaliarase en función da presencialidade e a participación de cada alumno/a nas actividades a realizar nos mesmos. 8
Mixed objective/subjective test A24 A26 A27 A29 C1 Exame de preguntas (test e preguntas curtas) relacionadas cos contidos da materia tanto en sesións maxistrais como en seminarios e prácticas de laboratorio. O día do exame facilitarase información sobre a puntuación das preguntas.
Para superar a proba mixta será necesario obter o 50% de preguntas correctas do test así como coa superación do 50% das preguntas curtas.
70
Laboratory practice A24 A26 A27 A29 B16 B19 A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade para superar a materia. A avaliación das prácticas realizarase a través da avaliación continuada dos coñecementos, habilidades e destrezas demostrados nas prácticas e a elaboración e entrega dunha memoria final de prácticas. 12
 
Assessment comments

Para superar a materia é necesario asistir e superar a totalidade das prácticas de laboratorio e superar a proba mixta (co 50% de preguntas correctas do test así como coa superación do 50% das preguntas curtas). Así como obter unha media de 5 na cualificación total da materia incluíndo proba mixta, prácticas de laboratorio, seminarios e traballos tutelados.

Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e realicen as prácticas obrigatorias de forma completa coa cualificación de apto, deben de ter en conta que poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só ao exame teórico final, tendo en conta que a cualificación do exame teórico fará media coas cualificacións das prácticas de laboratorio, seminarios, traballos tutelados do curso académico no que cursase as prácticas de laboratorio segundo as porcentaxes do devandito curso.

Alumnado en matrícula parcial: O alumnado en matrícula parcial debe de comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do curso. Para este alumnado é obrigatorio ao 100% a realización da práctica clínicas. A cualificación dos seminarios e traballos tutelados pode obterse mediante a realización de traballos dirixidos que o alumno/a realizará de forma individual e autónoma.

Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación: Para aqueles alumnos/as que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos e concédaselle poderán presentarse ao exame teórico final cuxa cualificación suporá o 100% da cualificación da materia.

A cualificación de non presentado: outorgarase a aqueles alumnos que non se presentan ao exame.

As condicións para a obtención dunha matricula de honra son que o alumno obteña un 90% da cualificación da materia, sexa a mellor cualificación da clase na oportunidade avaliada e a súa a súa evolución curricular fose significativa.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes