Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Cirugía Podolóxica 2
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais desenvolveranse como clases expositivas-participativas con importante apoio audiovisual. Nas sesións maxistrais traballarase con vocabulario en inglés e o tema 2 ("Etioloxía e abordaxe cirúrxica da exóstosis subungueal") será impartido neste idioma e nel o alumno deberá empregar o inglés nas actividades que se desenvolvan na aula. Periodicamente realizaranse controis de asistencia a clase.
A través da plataforma moodle (https://campusvirtual.udc.es/moodle/) ofreceranse materiais para apoiar os contidos básicos do temario así como material para traballar na aula e fóra dela. Tamén se poderá colgar material de apoio na páxina web www.foroactua.com
NOTA:
Según normativa da UDC (http://www.udc.es/comunicacion/novas/2012/05/nota_prensa_20120529.html) aqueles estudantes con matrícula a tempo parcial terán dereito preferente a elixir quenda cando haxa dúas ou máis grupos con horarios diferentes nunha determinada materia e a un réxime de asistencia a clase de carácter flexible.

Prácticas de laboratorio A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatorias na súa totalidade e o seu obxectivo xeral é que o alumno/a desenvolva unhas habilidades básicas no manexo do instrumental cirúrxico e coñeza o protocolo prequirúrgico da Clínica Universitaria de Podoloxía da UDC.
A ausencia a ditas prácticas só estará xustificada no caso de producirse algunha das seguintes causas, debidamente acreditada (imprescindible xustificante con data do mesmo día da ausencia que deberá de ser entregado antes de pasados 10 días da ausencia ao profesor responsable da materia), enfermidade ou lesión que incapacite para a realización da práctica, falecemento dun familiar ata o segundo grao, citación xudicial que coincida coa data da práctica, asistencia a unha sesión do Claustro ou do Consello de Goberno da UDC que coincida coa data da práctica. O alumnado terá dereito a non recuperala ata un máximo de 2 prácticas, un número maior de faltas xustificadas ou a existencia de faltas inxustificadas pode supor o suspenso da materia.
A fin de permitir a formación complementaria tamén poderán recoñecerse como tales prácticas a asistencia a actividades de relevancia e interese para a materia. Da participación en tales actividades deberase de entregar o certificado de asistencia antes de que pasen 10 días desde a súa celebración e comunicando a intención de asistir con polo menos 10 días de antelación. Entre estas actividades das que se poden recoñecer un máximo de 1 ausencia a prácticas de laboratorio son:
-Congreso nacional de Podoloxía
-Xornadas galegas de Podoloxía
-Congresos internacionais de Podoloxía
-Congreso de estudantes de Podoloxía
-Outras actividades que poidan ser valoradas polo profesor da materia

O alumnado deberá asistir á práctica de laboratorio incorporándose ao grupo que lle foi asignado. Realizarase control de asistencia nas que o alumno/a debe de asinar ao comezo da práctica. A firma é a garantía da asistencia do alumno/á a práctica polo que a ausencia desta poderase entender como unha falta á práctica de laboratorio. Calquera falta xustificada debe de documentarse adecuadamente coa causa e datas do día e entregarse ao profesor da materia antes de pasados 10 días desde a ausencia. A puntualidade a prácticas e tener un adecuado comportamiento durante as mesmas cumprindo coa normativa da UDC é de obrigado cumprimento polo que as faltas reiteradas de puntualidade serán penalizadas pudiendo llegar a supor o suspenso da materia.
AVISO: É requisito imprescindible acudir ás mesmas con bata ou pixama branco, bolígrafo e bloc de notas.
Seminario Nos seminarios traballaranse aspectos específicos do temario mediante o desenvolvemento de actividades en grupos que servirán para profundar nos contidos da materia. Traballarase ademais con textos en inglés e castelán indistintamente. O traballo realizado en cada un dos seminarios reflectirase coa entrega e exposición dunha actividade individual ou en grupo cuxas pautas se darán ao comezo da materia.
A asistencia aos seminarios e a realización das actividades marcadas polo profesor son obrigatorias na súa totalidade e non se poden recuperar ou substituír por outra actividade da materia sendo necesario alcanzar a metade da puntuación total destinada aos seminarios para superar a materia. En caso de non logralo, na convocatoria de xullo o alumno/a deberá responder a 30 preguntas tipo test relacionadas coas diferentes temáticas abordadas nos seminarios da materia.
A ausencia aos seminarios só estará xustificada no caso de producirse algunha das seguintes causas, debidamente acreditada (con xustificante con data do mesmo día da ausencia que deberá de ser entregado antes de pasados 10 días da ausencia), enfermidade ou lesión que incapacite para a realización da práctica, falecemento dun familiar ata o segundo grao, citación xudicial que coincida coa data do seminario, asistencia a unha sesión do Claustro ou do Consello de Goberno da UDC que coincida coa data da práctica, o/a estudante terá dereito a non recuperala ata un máximo de 3 ausencias, un número maior de faltas xustificadas ou a existencia de faltas inxustificadas pode supor o suspenso da materia.
Todo o alumnado debe asistir aos seminarios incorporándose ao grupo que lle foi asignado.
Existirán follas de control de asistencia nas que o alumno/a debe de asinar. A firma é a garantía da asistencia do alumno/á o seminario polo que a ausencia desta poderase entender como unha falta. Calquera falta xustificada debe de documentarse adecuadamente coa causa e datas do día e entregarse ao profesor responsable da materia. A puntualidade na asistencia é de obrigado cumprimento polo que se rexistrarán os atrasos. As faltas de puntualidade serán penalizadas podendo chegar a supor o suspenso da materia.
Traballos tutelados Realizarase e se expondrá na aula un traballo obrigatorio de grupo tutelado relacionado cunha das seccións do programa. As orientacións para a súa realización e exposición, así como a data de entrega e exposición serán detalladas o día da presentación da materia e anunciadas na plataforma virtual da UDC. Na súa presentación e / ou elaboración valorarase o uso do inglés.
Na cualificación final individual de cada un dos alumnos/as que compoñen o grupo de traballo supervisado considerarase: Comprensión da materia tratada, rigor científico, capacidade de síntese e crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada, claridade na exposición , capacidade para explicar adecuadamente o tema e axustarse ao tempo de presentación.
É necesario obter polo menos 5 puntos sobre 10 posibles para superar a obra supervisada así como o uso do inglés xa sexa oralmente ou por escrito.
A non realización e / ou exposición do traballo supervisado supón a suspensión da materia. Neste caso, o alumno/a deberá responder na convocatoria de xullo a 30 preguntas tipo test relacionadas cos traballos realizados por todo o alumnado.
Proba obxectiva Realizarase unha proba obxectiva de 60 preguntas tipo test en data aprobada e publicada en calendario académico.
Esta proba poderá incluír cuestións relacionadas cos contidos tratados nas sesións maxistrais, con casos clínicos vistos na aula, coas prácticas de laboratorio, cos seminarios e con aqueles temas de interese que o profesor indique e que deberán ser traballados polo alumnado. O día da súa realización facilitarase a información relativa á puntuación das preguntas. É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba obxectiva.
Cara á metade do cuadrimestre en data que será notificada aos alumnos e publicada con suficiente antelación realizarase unha proba parcial individual dos contidos da materia e daqueles aspectos que indique o profesor que fosen abordados ata ese momento e que ten por obxecto valorar a capacidade de razoamento, creatividade e espírito crítico do alumno. Esta proba parcial constará de 30 preguntas tipo test, forma parte da proba obxectiva e terá carácter liberatorio de maneira que se é superada o alumno non terá que volver examinarse dos contidos avaliados na convocatoria de maio. Esta proba parcial liberatoria ten un valor do 30% sobre o porcentaxe total da proba obxectiva.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba parcial. As pautas para a súa realización daranse o día da presentación da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes