Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Cirugía Podolóxica 2
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais desenvolveranse de forma virtual como clases expositivas con importante apoio audiovisual.
A través da plataforma virtual da UDC ofreceranse materiais didácticos tanto en castelán como en inglés para apoiar os contidos do temario.
NOTA:
Segundo normativa da UDC, aqueles estudantes con matrícula a tempo parcial terán dereito preferente a elixir quenda cando haxa 2 ou máis grupos con horarios diferentes nunha determinada materia e a un réxime de asistencia a clase de carácter flexible.
Prácticas de laboratorio O seguimento e asistencia ás prácticas de laboratorio presenciais e virtuais é obrigatoria na súa totalidade (100%) e o seu obxectivo xeral é que o alumnado desenvolva unhas habilidades básicas no manexo do instrumental cirúrxico e coñeza aqueles aspectos básicos de interese que forman parte do protocolo prequirúrgico.
A ausencia a ditas prácticas só estará xustificada no caso de producirse algunha das seguintes causas debidamente acreditada e documentada (imprescindible xustificante con data do mesmo día da ausencia que deberá de ser entregado antes de pasados 7 días da ausencia ao profesor responsable da materia): enfermidade ou lesión que incapacite para a realización da práctica, falecemento dun familiar ata o segundo grao, citación xudicial e/ou asistencia a unha sesión do Claustro ou do Consello de Goberno da UDC que coincida coa data da práctica de laboratorio.
O alumnado terá dereito a non recuperar as prácticas de laboratorio ata un máximo de 1 práctica.
Un número maior de faltas aínda sendo xustificadas ou a existencia de faltas inxustificadas supoñen o suspenso da materia.
O alumnado deberá asistir á práctica de laboratorio incorporándose ao grupo que lle foi asignado.
Realizaranse controis de asistencia e/ou participación.
En todo momento o alumnado deberá manter un comportamento adecuado co resto de compañeiros-as, profesorado e persoal da UDC respectando a normativa da UDC e as recomendacións en materia de prevención do COVID-19. Son aspectos de obrigado cumprimento. As faltas de respecto e comportamento durante as mesmas supoñen o suspenso da materia e a posibilidade de apertura de expediente disciplinario.
AVISO: É requisito imprescindible acudir ás prácticas de laboratorio presenciais seguindo todas as recomendacións sanitarias e da UDC. En caso contrario non se poderá realizar a práctica.
Seminario Nos Seminarios traballaranse aspectos específicos do temario mediante o desenvolvemento de actividades individuais ou grupales como estudo de casos e/ou cuestionarios tipo test que servirán para profundar nos contidos da materia.
Esta metodoloxía ten por obxecto valorar a capacidade de razoamento e espírito crítico do alumnado.
Traballarase con textos en inglés e castelán indistintamente.
O seguimento e a asistencia aos Seminarios presenciais e virtuais así como a realización das actividades marcadas polo profesor son obrigatorias na súa totalidade (100%) e non se poden recuperar ou substituír por outra actividade da materia sendo necesario alcanzar a metade da puntuación total destinada a esta metodoloxía para superar a materia (5/10).
En caso de non logralo, na convocatoria de xullo o alumnado deberá responder a 30 preguntas tipo test relacionadas coas diferentes temáticas abordadas.
A ausencia aos Seminarios só estará xustificada no caso de producirse algunha das seguintes causas, debidamente acreditada (con xustificante de data do mesmo día da ausencia que deberá de ser entregado ao profesor antes de pasados 7 días da ausencia), enfermidade ou lesión que incapacite para a realización da práctica, falecemento dun familiar ata o segundo grao, citación xudicial e asistencia a unha sesión do Claustro ou do Consello de Goberno da UDC que coincida coa data do Seminario.
En caso de ausentarse justificadamente ao Seminario o alumnado terá dereito á súa non recuperación ata un máximo de 2 ausencias.
Un número maior de faltas aínda sendo xustificadas ou a existencia de faltas inxustificadas supoñen o suspenso da materia.
Todo o alumnado debe asistir aos Seminarios incorporándose ao grupo que lle foi asignado.
Calquera falta xustificada debe de documentarse adecuadamente coa causa e datas do día e entregarse ao profesor responsable da materia.
Traballos tutelados Realizarase 1 Traballo tutelado obrigatorio en grupo relacionado coa materia.
As pautas para a súa realización así como a data e formato de entrega detallaranse con suficiente antelación e publicaranse na plataforma virtual da UDC.
Na súa elaboración valorarase a utilización do inglés escrito.
Na cualificación final considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, capacidade de síntese e de crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada, claridade e capacidade para explicar adecuadamente o tema tratado.
Esta metodoloxía ten por obxecto valorar a capacidade de creatividade e de traballo en grupo do alumnado.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar o Traballo tutelado.
A non realización ou non participación na elaboración do Traballo tutelado supón o suspenso da materia.
Neste caso o alumnado deberá responder na convocatoria de xullo a 30 preguntas tipo test relacionadas coas diferentes temáticas abordadas nos mesmos.
Proba obxectiva Realizarase unha Proba obxectiva final individual de forma presencial que constará de 60 preguntas tipo test en data aprobada e publicada en calendario académico.
Esta proba poderá incluír cuestións relacionadas coas Sesións maxistrais, coas Prácticas de laboratorio, cos Seminarios e con aqueles temas de interese que o profesor indique e que deberán ser traballados polo alumnado. O día da súa realización facilitarase a información relativa á puntuación das preguntas e detallaranse as pautas para a súa realización.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superala.
Cara á metade do cuadrimestre en data que será notificada e publicada con suficiente antelación realizarase unha proba obxectiva parcial individual liberatoria de forma presencial dos contidos e daqueles aspectos que indique o profesor que fosen abordados ata ese momento e que ten por obxecto valorar os coñecementos adquiridos e a capacidade de razoamento do alumnado. Esta proba parcial tipo test forma parte da proba obxectiva individual final e terá carácter liberatorio de maneira que se é superada o alumnado non terá nin poderá volver examinarse na convocatoria de maio dos contidos avaliados e xa superados. Esta proba parcial liberatoria ten un valor do 20% sobre a porcentaxe total da proba obxectiva (40%).
En caso de superar a proba obxectiva parcial individual liberatoria o alumnado deberá responder na proba final obxectiva individual presencial á parte do temario non avaliada nin superada.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba obxectiva.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes