Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Cirugía Podolóxica 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario B1 A realización das actividades relacionadas cos Seminarios son obrigatorias na súa totalidade e non se poden recuperar ou substituír por outra actividade da materia.
É necesario obter polo menos unha puntuación de 5 sobre 10 posibles para superar a materia.
A non realización e/ou non entregar todas as actividades relacionadas cos Seminarios en tempo e forma suporá o suspenso da materia.
Na cualificación dos Seminarios considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, achegas ao resultado final, capacidade de síntese e de espírito crítico, adecuación e actualización da bibliografía consultada así como claridade na redacción.
As pautas para a súa realización daranse o día de presentación da materia e especificaranse na plataforma virtual da UDC.
A asistencia aos Seminarios é obrigatoria na súa totalidade (100%) e non se pode recuperar ou substituír por outra actividade da materia sendo necesario alcanzar a metade da puntuación total destinada a esta metodoloxía para superar a materia. En caso de non asistir á totalidade dos Seminarios e/ou non realizar as actividades relacionadas cos mesmos ou non lograr a puntuación mínima requirida, na convocatoria de xullo o alumnado deberá responder a 30 preguntas tipo test relacionadas coas diferentes temáticas abordadas.



30
Prácticas de laboratorio B5 B6 B8 B9 B19 C1 A asistencia ás Prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade (100%) para poder ser avaliado e optar á cualificación de aprobado nas convocatorias oficiais de xuño ou xullo.
Na súa realización e desenvolvemento teranse en conta as actitudes e aptitudes demostradas polo alumnado en base aos seguintes criterios:
-Aplicación gradual á práctica dos coñecementos adquiridos na teoría.
-Destreza e habilidade na execución das técnicas explicas.
-Cumprimento das normas xerais de prácticas, da UDC e normativa en materia de prevención COVID-19.
-Grao de interese e participación
10
Traballos tutelados B3 B5 B8 Realizarase 1 Traballo tutelado obrigatorio en grupo relacionado coa materia.
As pautas para a súa realización así como a data e formato de entrega detallaranse na plataforma virtual da UDC.
Na súa elaboración valorarase a utilización do inglés escrito.
A non realización e/ou participación no Traballo tutelado supón o suspenso da materia.
Na cualificación final considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, capacidade de síntese e de crítica, adecuación e actualización da bibliografía consultada e claridade na súa redacción.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar esta metodoloxía.
A non realización e/ou participación no Traballo tutelado supón o suspenso da materia.
Neste caso o alumnado deberá responder na convocatoria de xullo a 30 preguntas tipo test relacionadas coas temáticas abordadas.
20
Proba obxectiva A33 B17 Realizarase unha proba obxectiva final individual e presencial que constará de 60 preguntas tipo test (40% da cualificación final da materia)
Esta proba poderá incluír cuestións relacionadas cos contidos tratados nas Sesións maxistrais, coas Prácticas de laboratorio, cos Seminarios e con todos aqueles temas de interese que o profesor indique e que deberán ser traballados polo alumnado.
O día da súa realización facilitarase a información relativa á puntuación das preguntas.
É necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar esta metodoloxía.
Cara á metade do cuadrimestre (en data que será notificada e publicada con suficiente antelación) realizarase unha proba obxectiva parcial individual tipo test dos contidos da materia e daqueles aspectos que indique o profesor que fosen abordados ata ese momento.
Esta proba tipo test forma parte da proba obxectiva final e terá carácter liberatorio de maneira que se é superada o alumnado non terá nin poderá volver examinarse na convocatoria de maio e/ou xullo dos contidos xa avaliados e superados. Supón un 20% do valor total da proba obxectiva. Será necesario obter polo menos 5 puntos de 10 posibles para superar a proba parcial liberatoria e para que a porcentaxe asignada (20% do valor total da proba obxectiva) contabilice na avaliación final da materia facendo a media correspondente.
En caso de suspender a proba obxectiva parcial liberatoria o alumnado deberá examinarse de todos os contidos da materia na convocatoria de maio e non se terá en conta ese 20% do valor da proba liberatoria.
40
 
Observacións avaliación

PARA SUPERAR A MATERIA É NECESARIO:

Lograr unha cualificación de 5 sobre 10 no global da materia, asistir á totalidade das Prácticas de laboratorio; realizar e superar todas as actividades relacionadas cos Seminarios; lograr unha cualificación de 5 sobre 10 na proba obxectiva final e superar realizando e participando activamente no Traballo tutelado que lle foi asignado.

No caso de que a cualificación dalgunha das metodoloxías que computan na avaliación e son imprescindibles para superar a materia sexa inferior a 5/10 a cualificación final será de Suspenso e a valoración numérica calcularase pasando a cualificación calculada da parte que motiva o suspenso sobre 10 e sumada porcentualmente ao resto de cualificacións, sempre que dita suma non supere o 4/10 nese caso reflectirase o 4 como cualificación final da materia.

Convocatorias de segunda e posteriores matrículas : O alumnado que curse a materia e realice as prácticas obrigatorias de forma completa coa cualificación de APTO poderá volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só á proba obxectiva individual final.

O alumnado con matrícula parcial: poderá obter a cualificación da materia coa modalidade ordinaria ou modalidade na que a proba obxectiva supón o 100% da cualificación.

Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación : Para o alumnado que solicitase a oportunidade adiantada de avaliación, cumpra cos requisitos e concédaselle poderán presentarse á proba obxectiva final cuxa cualificación suporá o 100% da cualificación da materia.

A cualificación de NON PRESENTADO outorgarase a aquelas persoas que non se presenten á proba obxectiva final ou a ningunha das metodoloxías de asistencia obrigatoria.

As condicións para a obtención da MATRÍCULA DE HONRA (MH) son obter máis dun 90% da cualificación total da materia, ser a mellor cualificación de entre todo o alumnado matriculado na oportunidade avaliada e que a súa achega fose significativa a criterios do profesor responsable da materia.

NOTA: En todo momento o alumnado empregará tanto para comunicarse co docente responsable da materia como para a realización das metodoloxías a avaliar o correo electrónico institucional UDC e as aplicacións ou canles de comunicación propios da institución.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes