Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Cirugía Podolóxica 2
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía específica do membro inferior/750G02002
Biomecánica do membro inferior/750G02013
Patoloxía Podolóxica 1/750G02021
Patoloxía Podolóxica 2/750G02022
Quiropodoloxía 1/750G02027
Quiropodoloxía 2/750G02028

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Cirugía Podolóxica 1/750G02029

Materias que continúan o temario
Prácticum 1/750G02033
Prácticum 2/750G02034
Prácticum 3/750G02035

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase preferiblemente vía electrónica en formato dixital sen necesidade de imprimilos. 

No caso de realizarse en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.

Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria. 

Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas.

É recomendable ter coñecementos de inglés dado que en todas as metodoloxías da materia traballarase con vocabulario en inglés. Ademais valorarase o uso deste idioma na realización e exposición do traballo tutelado.

Procedemento de matrícula de estudos en réxime parcial dos estudantes:

Os estudantes a tempo parcial poderán solicitar aos Decanos e Directores dos centros responsables da súa titulación a dispensa académica que lles exima da asistencia a clase da materia ou de partes da mesma. Neste caso o alumnado será evaluado mediante unha proba teórico-práctica final (100% da avaliación)

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes