Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Prácticum 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas clínicas A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A46 A47 A50 A55 A60 B2 B3 B7 B13 B14 B16 B18 B19 A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria para todo o alumnado independentemente da súa modalidade de matrícula.

Poderase optar a superar o Prácticum I con ausencias xustificadas baixo os seguintes supostos:
1. Un máximo de 3 ausencias xustificadas sen penalización na cualificación
2. Desde a 4ª á 7ª ausencia xustificada penalizarase con 0.25 puntos por ausencia na cualificación da avaliación continua do rotatorio no que se produza a ausencia
* Non computarán como faltas aquelas actividades formativas (xornadas, congresos ou cursos) que, estando previstas e organizadas pola UDC, teñan interés formativo para o alumnado do Prácticum I.

A partir de 8 faltas xustificadas (incluída a 8ª) ou de calquera número de faltas sen xustificar, non se poderá optar a superar o Prácticum na matrícula do curso corrente.

A motivación xustificada das faltas será a contemplada para os procesos de avaliación no artículo 12 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da UDC.

Calquera suposto que se presente no límite da presente norma poderá ser revisado polo conxunto de profesorado do Prácticum para o curso en vigor, debendo adoptar unha resolución por unanimidade e a condición de que o alumno/a demostrase a adquisición das competencias superando os requisitos de avaliación previstos para o Prácticum I.

A avaliación das prácticas clínicas consiste na avaliación das competencias a adquirir polo alumno/a en o Prácticum I tendo en conta o carácter gradual de adquisición das mesmas segundo quedará recollido no ANEXO Á GUÍA DOCENTE DO PRÁCTICUM I.

A cualificación das prácticas clínicas obtense do sumatorio das cualificacións parciais nos diferentes rotatorios en avaliación continua e dos exames prácticos ao final de cada rotatorio en función da seguinte distribución porcentual:
• Rotatorio do Servizo de Quiropodoloxía e Cirurxía: 35% da cualificación final repartida ao 50% entre a avaliación continua e o exame práctico final
• Rotatorio do Servizo de Biomecánica e Ortopodoloxía: 35% da cualificación final repartida ao 50% entre a avaliación continua e o exame práctico final
• Rotatorio do Servizo de Dermatoloxía: 10% da cualificación final repartida no 75% da avaliación continua e un 25% para a resolución de caso clínico

Para superar a materia é requisito indispensable superar o 50% da cualificación da avaliación continua de cada un dos rotatorios e o 50% da cualificación de cada un dos exames prácticos.

Na 2ª oportunidade só poderán optar a superar a materia aqueles alumnos/as que superando a avaliación continua non superasen o exame práctico, ou cando o sumatorio total das cualificacións non supere a nota mínima para superar o Prácticum I (5) debido á cualificación do Portafolio do alumno/a. Para ambos os supostos no calendario académico quedará fixada unha data para as novas probas de exame práctico e/ou nova entrega de actividades de portafolio.

As cualificacións parciais de todos os ítems que conforman aavaliación do Prácticum I puntuaranse na escala 0-10 para posteriormente obter o seu peso porcentual correspondente na cualificación final.

80
Portafolios do alumno A48 A49 A51 B5 B6 B12 C3 C4 C5 As actividades do Portafolio forman parte da cualificación final da materia de maneira sumativa á cualificación das prácticas clínicas. A súa realización é obrigatoria pero non existe unha puntuación mínima que condicione a superación do Prácticum I, establecéndose como requisito mínimo para superar a materia presentar o total das actividades propostas no tempo e a forma previstas para iso.

A elaboración do vídeo tutorial computará un 75% do peso da calificación do portafolio, mentres a calificación do Seminario de actuacións en situacións de emerxencia e administración de medicamentos, computará un 25%.

As actividades serán supervisadas e avaliadas polo titor/a que quede asignado a cada grupo, sendo cada titor/a responsable da cualificación e revisión da mesma.
20
 
Observacións avaliación

Matrícula de Honra: A cualificación de
Matrícula de honra
(MH) será
outorgada automaticamente a aqueles alumnos/as que obteñan un 10 na cualificación
final. No caso de que exista maior número de alumnos/as que matrículas de honra
poidan ser asignadas á materia, convocarase aos alumnos/as en disposición de
obter devandita cualificación e realizarase unha probaba específica de
características similares ás dos exames prácticos para determinar a súa
asignación final. Nos casos nos que a cualificación final sexa superior a 9.0
poderase outorgar a cualificación de MH. Para iso o conxunto do profesorado
con docencia no Prácticum I valorará a posibilidade de outorgar dita MH
tendo en conta as aptitudes e actitudes do alumno/a a condición de que o sea otorgación non supoña superar a cota de MH establecida pola normativa vixente
unha vez outorgadas as MH os alumnos/as que obteñan un 10 na cualificación
final.

Repetición de Prácticum I: Non superar o requisito
mínimo establecido para a cualificación da avaliación continua dalgún dos rotatorios, non superar algún dos exames prácticos entre as 2 oportunidades,
ou non alcanzar a cualificación final mínima de 5 no sumatorio de todos os ítems
de avaliación previstos para o Prácticum I entre as dúas oportunidades da convocatoria, suporá a non superación da
materia e a repetición íntegra das prácticas en segunda matrícula e posteriores
.

Non presentado: A
ausencia a máis do 30% das prácticas ou a algún dos exames prácticos suporá
automaticamente unha cualificación de Non Presentado

Alumnado de mobilidade (Erasmus , SICUE, Bilateral): A cualificación do alumnado de mobilidade realizarase só pola avaliación continua nos rotarorios. No caso de suspenso na mesma, poderán superar a materia superando as probas prácticas do rotatorio suspenso. 

Mentores ERASMUS e Bilateral: Ao comezo da materia proporase a todo o alumnado a posibilidade de, voluntariamente, participar como mentores/as do alumnado. De se presentar máis voluntarios/as dos necesarios, farase una selección pola nota do expediente académico, tendo en conta, de ser o caso, a certificación oficial de coñecemento do idioma do alumnado de mobilidade (segundo o nivel del coñecemento do idioma engadirase a nota do expediente de 0,5 a 3 puntos). A participación como mentor sumará ata 0,5 puntos á cualificación final da materia do alumnado mentor.

PLAXIO. Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

RECUPERACIÓN DE HORAS DE PRÁCTICUM I POR AUSENCIA JUSTIFICADA.

Todo o alumnado matriculado na materia de Prácticum I poderá optar á recuperación de horas en período non lectivo cando se dean as seguintes circunstancias:

a. O número de horas das faltas de asistencia acumuladas superen o número de horas de ausencia xustificadas non penalizadas prevista na guía docente (3 xornadas de prácticas ou o seu equivalente en horas: 12 horas). As horas de ausencia contabilizaranse tanto de días completos de ausencia (4 horas por día) como de ausencias parciais durante un día de prácticas (computo da diferenza de tempo entre a hora de entrada e a de saída).

b. A causa da superación do límite de horas de ausencias xustificadas prevista na guía docente atópese incluída nalgún dos seguintes supostos de ausencia:

i. Alumno/a de intercambio nos programas ERASMUS / SICUE
ii. Alumno/a con consideración de deportista de elite /alto nivel (con certificación acreditada)
iii. Ausencias por enfermidade que impida a asistencia ás prácticas clínicas, acudir a tratamentos, etc. En calquera destes supostos, requirirase informe médico.
iv. Ausencias xustificadas contempladas na normativa académica da UDC como asistencia a reunións de órganos colexiados da UDC como representantes dos estudantes; cumprimento dun deber inescusable; etc.
v. Ausencias que non se axusten aos apartados anteriores (como asistencia a cursos, xornadas ou congresos de formación de interese podológico). e que, tras ser avaliadas polo coordinador/a de a materia, poidan obter un informe favorable unha vez consultado o claustro de profesorado con docencia no Prácticum I.

Durante o curso vixente, as datas de recuperación de prácticas do período non lectivo estableceranse de maneira consensuada co alumnado, atendendo á dispoñibilidade dos horarios do profesorado e da Clínica Universitaria de Podoloxía.

De existir situacións de ausencia que non estean incluídas nos supostos recollidas no apartado b) e/ou que sexan motivo de controversia por non recibir un informe favorable para o seu cómputo como ausencias xustificadas, serán trasladadas, baixo petición do interesado/a, á Comisión de Docencia da Facultade de Enfermería e Podoloxía para a súa resolución.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes