Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Prácticum 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A33 A35 A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 A53 A54 A55 A60 A62 A64 Ao longo dos días de xaneiro marcados no calendario oficial de exames, realizarase exame final individual no que se avaliará calquera das competencias a adquirir detalladas neste programa.
Este exame será de carácter práctico clínico con pacientes reais, sen esquecer a base da aplicación da teoría á práctica. Será elaborado en consenso polo conxunto dos docentes de cada servizo. O tipo e a planificación do exame detallarase polo menos 15 días antes á data de exame.

Este exame constará de dous partes unha correspondente ao Servizo de Quiropodología e Cirurxía do pé e outra correspondente co Servizo de Patoloxía mecánica e Tratamentos físicos e ortopodológicos para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado en cada unha das partes.
A porcentaxe global de cada apartado de probar obxectiva será: Exame Quiropodología e Cirurxía=20 %; Exame patomecánica-ortopodología=20 %
40
Prácticas clínicas A33 A35 A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A50 A51 A52 A53 A54 A55 A60 A62 A64 B2 B3 B4 B6 B7 B11 B14 B16 B17 B18 B19 B21 C1 A avaliación da práctica clínica consistirá nunha avaliación do grao de adquisición por parte do alumnado das competencias a desenvolver neste Prácticum II. A cualificación final obterase da recollida dos coñecementos, habilidades e actitudes que cada profesor recollerá nas prácticas supervisadas do seu servizo.
A porcentaxe global de cada servizo é:
- Prácticas Quiropodología e Cirurxía= 16 %
- Prácticas Patomecánica-Ortopodología= 16 %
- Prácticas Traumatología= 5 %
- Prácticas Externas e Hospitalarias (outros servizos: Cámara Hiperbárica...)= 2 %
- Prácticas sobre xestión e esterilización na CUP= 1 %

Sendo necesario superar cada apartado (5/10) para superar as prácticas clínicas e a materia.

Para a avaliación contínua das prácticas clínicas avaliaranse os seguintes ítems nunha ficha individual por cada alumno/a:
- Capacidade de expresión e comunicación cos e coas pacientes, compañeiros e compañeiras e resto do persoal.
- Cos e coas pacientes valorarase especialmente a capacidade de expresión e comunicación en todo o proceso de atención clínica, desde a anamnesis ata a prescrición terapéutica
- Coñecemento profesional na toma de decisións de exploración, diagnóstico, racionalización das probas complementarias, diagnóstico e manexo terapéutico
- Habilidade na utilización de instrumental, material e maquinaria para a aplicación, administración e fabricación de tratamentos
- Capacidade de iniciativa, traballo, responsabilidade, organización e planificación
- Asistencia, puntualidade, interese e colaboración no traballo

Durante as prácticas clínicas cada alumno/a deberá de portar o cartón identificativo, a indumentaria de prácticas (pixama e calzado sanitario branco), bolígrafo 4 cores, rotulador permanente, rotulador borrable, luvas de kevlar (ou equivalente), tesoiras multiusos ou lentes, máscara ou máscara de protección.
40
Portafolios do alumno A49 B1 B12 C3 C4 C6 C7 C8 A cualificación desta parte consiste na avaliación de todas as actividades individuais ou en grupo que se programaron nas sesións clínicas e seminarios descritos na planificación e metodoloxía do portafolios
A porcentaxe global de cada apartado do portafolio será:
I- Caso clínico = 14%
II- Memoria das actividades do servizo de Cirurxía Ortopédica e Traumatología (COT) = 6%
Non sendo necesario superar cada apartado para superar o portafolio e a materia.

Nos casos clínicos xustificaranse os procedementos realizados e valorarán as alternativas en base á bibliografía científica, o grao de evidencia e documentación fotográfica así como a calidade xeral de mesmo, así como a adaptación aos formatos e apartados marcados.
20
 
Observacións avaliación

Condicións a ter en conta para superar o Prácticum 2:

1) É obrigatorio asistir ao 100% das prácticas clínicas . O alumnado que falte aínda de forma xustificada a un número de prácticas maior a 8 faltas e aínda que só sexa unha non xustificada suporá un suspenso no Prácticum 2 debendo de matricularse no seguinte curso académico. En calquera caso un número de faltas ás prácticas superior ao 30% suporá automaticamente a cualificación de Non Presentado no conxunto da materia tanto para a primeira como para a segunda oportunidade, debendo de matricularse no seguinte curso académico.

2) Para superar a materia será necesario aprobar cada un dos apartados da avaliación contínua e exame así como obter unha cualificación global mínima de 5 sobre 10. Os/as alumnos/as que non superen a puntuación mínima ou non se presenten ao exame individual na convocatoria de xaneiro terán opción a facelo na convocatoria de xullo. Na avaliación de 2ª oportunidade (mes de xullo) só hai opción ao exame e o portafolio da materia polo que si avaliación continua está suspensa o/a alumno/a estará suspenso no Prácticum 2 debendo de matricularse no seguinte curso académico.

3) Calquera falta grave de disciplina ou comportamento cos doentes, compañeiros/as, profesorado ou persoal da CUP, así como faltas reiteradas ás normas de funcionamento da CUP , do segredo profesional e da lexislación sanitaria vixente , será sometida a avaliación polo claustro de profesorado da materia, previo informe da situación desencadeada, e pode supor o suspenso automático no Prácticum 2: 

  • Falar e permanecer nos corredores ou en recepción. 
  • Utilizar o teléfono móbil durante as prácticas. 
  • Escoitar música durante as prácticas. 
  • Realizar fotos ou gravacións con dispositivos que non pertenzan á CUP. 
  • Non rexistrar e comprobar os datos da historia clínica, rexistralos na recepción ou non identificar convenientemente ao paciente (por nome e apelidos) ou as tarefas realizadas por cada alumno/a e profesor/a responsable. 
  • Non recoller ou organizar os gabinetes e salas tras o seu uso. 
  • Dar o alta ou cita a un paciente sen supervisión por parte do docente responsable da atención. 
  • Ausentarse das prácticas sen unha xustificación e comunicación ao profesor responsable da práctica. 
  • Comer ou beber nas instalacións da CUP (só se permite na aula CPI ou cafetaría). 
  • Non portar o cartón identificativo, indumentaria de prácticas (pixama e calzado sanitario branco), bolígrafo 4 cores , rotulador permanente, rotulador borrable, luvas de kevlar (ou equivalente), tesoiras multiusos ou lentes, máscara ou máscara de protección. 
  • Non manter un aseo adecuado incluíndo non manter o pelo recolleito ou curto, as uñas cortadas e sen pintar así como portar colares, aneis, pendentes longos ou pulseiras. 
  • Calquera outro incumprimento das normas da CUP ((http://www.udc.es/fep/cup)
Situacións especiais de avaliación

1) A cualificación de matrícula de honra : dado o seu carácter graciable, concederase automaticamente ao alumnado que obteña un 10 na cualificación media da materia. De darse o caso de que haxa máis alumnos/as con esa cualificación que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecido, convocarase a todos os alumnos/as para a realización dunha proba específica de desempate, proba que consistirá en novo exame de características similares ás da proba obxectiva, exame que se fixará en data e hora de acordo cos interesados/as 3 días antes da data de actas.
En caso de non existir ningún alumno/a con cualificación de 10, todo o alumnado que obteña unha cualificación media superior a 9.0, requisito básico para optar á matrícula de honra, poderán optar á matrícula de honra por acordo do conxunto de docentes da materia naqueles casos que, cumprindo o requisito mínimo, puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a actitude mostradas durante o desenvolvemento da materia.

2) Segunda oportunidade: Na 2ª oportunidade só poderán optar a superar a materia aqueles alumnos/as que superando a avaliación continua non superasen o exame práctico, ou cando o sumatorio total das cualificacións non supere a nota mínima para superar o Prácticum II debido á cualificación do Portafolio do/a alumno/a. Para ambos os supostos no calendario académico quedará fixada unha data para as novas probas de exame práctico e/ou nova entrega de actividades de portafolio.

3) Convocatorias de segunda e posteriores matrículas : Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e realicen as prácticas obrigatorias de forma completa, poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só a aquelas partes que non obtivesen unha cualificación mínima de 5 sobre 10. En caso de non realizar a totalidade das prácticas clínicas terá que cursar a totalidade da materia novamente.

4) Conservaranse de forma automática as cualificacións superadas de calquera das metodoloxías dentro das 2 oportunidades da mesma convocatoria.

5) Para o alumnado con matrícula parcial : poderán desenvolver a materia realizando os diferentes conceptos da materia en dous cursos, sempre realizando as prácticas, portafolio e exame do mesmo servizo no mesmo curso. Para iso contarase o primeiro curso en que se curse a materia coa cualificación de N.P. e no segundo coa cualificación calculada de todos os conceptos no momento de realización dos mesmos. Deberán de solicitar e aprobarse esta modalidade de avaliación ao comezo do curso, en caso contrario avaliarase como na modalidade ordinaria.

6) Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación : Para aqueles alumnos/as que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos, concédaselle e cursen e superen as prácticas clínicas (cuxa cualificación suporá o 40% da materia), poderán presentarse á proba obxectiva de carácter práctico clínico cuxa cualificación suporá o 60% da cualificación da materia. 
7) Non presentado: aqueles/as alumnos/as que asistan a menos do 70% das prácticas clínicas da materia a súa cualificación será automáticamente de Non Presentado (para calqueira das oportunidades do curso).
8) Alumnado de mobilidade (Erasmus , SICUE, Bilateral): A cualificación do alumnado de mobilidade (Erasmus, SICUE, Bilateral) realizarase só pola avaliación continua en caso de suspenso poderán recuperar no exame da materia. Estes distribuiranse entre todos os grupos de prácticas. 
9) Mentorización ERASMUS e Bilateral: Ao comezo da materia proporase a todos/as os/as alumnos/as que polo menos obtivesen unha cualificación de notable no Prácticum 1 priorizando a aqueles/as alumnos/as obtivesen unha maior cualificación no Prácticum 1 e os/as que en cursos anteriores realizasen unha estancia de mobilidade noutro país. Dita proposta deberá de realizarse por cada alumno/a que estea interesado en participar como mentor/a dentro da actividade Moodle onde voluntariamente cada solicitante achegará unha copia do seu expediente e xustificantes de realizar algunha estancia de mobilidade en cursos anteriores a fin de que sexa valorado polo conxunto de docentes da materia. A participación como mentor/a sumará ata +0,5 á súa cualificación final da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes