Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Prácticum 3
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Prácticum 3 Código 750G02035
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Santalla Borreiros, Fátima
Correo electrónico
f.santalla@udc.es
Profesorado
Bernabeu Pena, Carolina
Carballo Díaz, Juan Luis
Garcia De Castro, Ricardo
Gil Racionero, Fernando
Gonzalez Martin, M. Cristina
López Martínez, Noemia Zeltia
Martínez Vázquez, María
Mosquera Fernandez, Abian
Santalla Borreiros, Fátima
Veiga Seijo, Raquel
Correo electrónico
carolina.bernabeu@udc.es
juan.carballo1@udc.es
ricardo.garcia.decastro@udc.es
f.gil@udc.es
cristina.gmartin@udc.es
zeltia.lopezm@udc.es
maria.martinez.vazquez@udc.es
abian.mosquera.fernandez@udc.es
f.santalla@udc.es
raquel.veiga.seijo@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Durante a realización do Prácticum 3 o alumno/a asume o último bloque das súas prácticas pre-profesionais. Estas prácticas desenvólvense na Clínica Universitaria de Podoloxía (CUP) e en Servizos clínicos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol co fin de que o alumno/a incorpore á súa formación as competencias fundamentais e os valores profesionais para o exercicio da súa profesión. O bloque práctico supón unha participación activa do alumno/a en o proceso asistencial sempre baixo supervisión do profesorado. Durante as mesmas poderanse desenvolver outras actividades en forma de seminario ou sesións clínicas nas que se abordarán contidos e competencias relacionadas coa práctica clínica como o estudo e discusión de casos, interpretación de probas complementarias ou realización de informes. Antes do inicio das prácticas clínicas porase a disposición do alumno/a un anexo a esta guía na que se detallarán aspectos relacionados coa planificación, a metodoloxía e a avaliación da materia.
Plan de continxencia Dado que esta materia ten lugar no segundo cuadrimestre e trátase dunha materia de práctica clínica asistencial de carácter presencial, o presente plan de continxencia recolle liñas xerais que poden sufrir modificacións en función da evolución da pandemia COVID-19, agás o recollido no apartado da avaliación, que será de aplicación para a superación da materia. 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías Non se propoñen cambios a espera de coñecer a evolución da pandemia para o segundo cuadrimestre do curso *Metodoloxías docentes que se manteñen *Metodoloxías docentes que se modifican 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Teams, Moodle, e Correo electrónico. Temporalización acordada cos estudantes segundo necesidade e dispoñibilidade de ambas as partes e unha vez establecidos os cambios nas metodoloxías, de ser necesarios. 4. Modificacións na avaliación Para poder ser avaliados e optar a superar a materia do Prácticum III, os estudantes deberán superar un número de horas mínimo equivalente ao 75% das horas presenciais de práctica clínica recollidas no apartado "Planificación", porcentaxe que implica a realización de 180 horas de práctica clínica presencial, e a superación do examen individual nos servizos de rotación na Clínica Universitaria de Podoloxía. Observacións de avaliación: No caso de que un confinamiento ou estado de alarma durante o periodo lectivo impida acadar o 75% da presencialidade mínima para superar a materia, será obligatorio, recuperar as horas de práctica presencial, en canto sexa posible, fora do periodo lectivo, así como a realización do exame individual. De existir a posibilidade, recuperase o 100% das horas de práctica clínica como criterio obrigatorio para superar a materia, agás a porcentaxe de horas de faltas xustificadas indicado na guía docente para o suposto dun desenvolvemento normal das prácticas. Manterase a avaliación e a súa porcentaxe das metodoloxías na que todo o alumnado tivese a opción de ser calificado. As metodoloxías presenciais nas que non exista opción a manter a posibilidade de calificación verán redistribuida o peso na avaliación nas metodoloxías nas que sí exista a opción de avaliación. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes