Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Prácticum 3
   Contidos
Temas Subtemas
Na materia Prácticum 3 o alumno/a aplica os coñecementos teóricos adquiridos nas diferentes materias do título á práctica clínica, garantindo un proceso integral de atención podológica ao paciente que inclúa todos os aspectos clínicos, documentais e legais. Por iso, todos os contidos teóricos e teórico-prácticos da titulación impartidos ata o 2º cuadrimestre do 4º curso de grao así como os impartidos simultaneamente son relevantes para a práctica clínica e de obrigado coñecemento, feito que debe ser tido en conta polo alumno/á efectos de que o seu coñecemento e actualización serán elementais para poder desenvolver as prácticas clínicas e garantir a adquisición das competencias formando parte da avaliación continua e final da práctica clínica. -Método clínico en podoloxía.
-Historia clínica podolóxica: rexistro da información obtida.
-Técnicas de exploración física.
-Actividades radiolóxicas propias da podoloxía.
-Probas complementarias e a racionalización do seu uso.
-Diagnóstico e prognóstico.
-Plan de intervención integral ou tratamento podolóxico.
-Plans de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular.
-Protocolos: execución e avaliación.
-Uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podológicos.
-Medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia.
-Habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais.
-Intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde.
-Prescrición, administración e aplicación tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e cirúrxicos.
-Elaboración e interpretación de informes clínicos.
-Avaliación dos resultados obtidos do proceso de atención podolóxica.
-Capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía.
-Actualización dos coñecementos, habilidades e actitudes.
-Calidade asistencial na práctica da podoloxía.
-Utilización elementos de documentación, estatística, informática e os métodos xerais de análises epidemiolóxicas
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes