Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Prácticum 3
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas As prácticas clínicas consisten na participación gradual e supervisada do alumno no proceso de atención podológica integral cos pacientes reais que sexan atendidos polos diferentes servizos da Clínica Universitaria de Podoloxía e as prácticas externas nos servizos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol. O alumno participará de forma activa, sempre baixo supervisión, en todo o proceso de atención clínica: a xestión de datos clínicos; a exploración física e a xestión de probas complementarias e interpretación das mesmas; o diagnóstico, a prescrición, indicación, obtención e/ou aplicación dos diferentes tratamentos, así como o seguimento das afeccións tratadas e a súa evolución. Do mesmo xeito participará de forma activa nas sesións clínicas dos servizos. A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria.
A ausencia a prácticas só estará xustificada no caso de producirse algunha das seguintes causas (recollidas no artigo 12 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da UDC), debidamente acreditada (con xustificante con data do mesmo día da ausencia que deberá de ser entregado antes de pasados 3 días da ausencia na administración da CUP), enfermidade ou lesión que incapacite para a realización da práctica, falecemento dun familiar ata o segundo grao, citación xudicial que coincida coa data da práctica, asistencia a unha sesión do Claustro ou do Consello de Goberno da UDC que coincida coa data da práctica, o/a estudante terá dereito a non recuperala ata un máximo de 3 prácticas. Cada ausencia xustificada adicional penalizárase con -0,25 puntos na evaluación contínua no servizo no que se ausentase. Un número maior a 8 de faltas xustificadas ou a existencia de faltas inxustificadas suporá o suspenso da materia.
Calquera suposto que se presente no límite da presente norma poderá ser revisado polo conxunto de profesorado do Prácticum para o curso en vigor, debendo adoptar unha resolución por unanimidade e a condición de que o alumno/a demostrase a adquisición das competencias superando os requisitos de avaliación previstos para o Prácticum 3.
A fin de permitir a formación complementaria do alumno dentro das mesmas tamén poderán recoñecerse como tales prácticas a asistencia a actividades de relevancia e interese para a titulación. Da participación en tales actividades deberase de entregar o certificado de asistencia antes de que pasen 3 días desde a súa celebración e comunicando a intención de asistir con polo menos 10 días de antelación ao profesor que lle corresponda impartir a docencia ese día e ao coordinador da materia. Entre estas actividades das que se poden recoñecer un máximo de 4 ausencias a prácticas son
-Congreso nacional de Podoloxía
-Xornadas galegas de Podoloxía
-Congresos internacionais de Podoloxía
-Congreso de estudantes de Podoloxía
-Outras actividades que poidan ser valoradas polos coordinador da materia

Todo o alumnado debe asistir a prácticas incorporándose ao grupo que lle foi asignado e dado que a asistencia é diaria non existe posibilidade de cambio de prácticas.
Existirán follas de control de asistencia nas que o alumno/a debe de asinar ao entrar en prácticas no mostrador de administración (estarán dispoñibles de 16:00 a 16:15h). A firma é a garantía da asistencia do alumno/á a práctica polo que a ausencia desta poderase entender como unha falta á práctica clínica. Calquera falta xustificada debe de documentarse adecuadamente coa causa e datas do día e entregarse ao persoal de administración da CUP antes de pasados 10 días desde a ausencia. A puntualidade na asistencia a prácticas é de obrigado cumprimento polo que se rexistrará calquera hora de chegada posterior ás 16:15h. As faltas de puntualidade serán penalizadas podendo chegar a supor o suspenso da materia.
Todo procedemento e tratamento será supervisado polo docente responsable de cada práctica. E tras a mesma será este quen estableza o prazo de próximas visitas e/ou revisións.
Durante todas as prácticas o alumno/a deberá de levar pixama e calzado sanitario branco, así como bolígrafo e lentes de protección. Do mesmo xeito deberán de respectarse as normas da CUP (http://www.enfermeriaypodologia.com/podologia/cup/normas-cup/), a lexislación vixente e o Código Deontolóxico de Podoloxía muy especialmente en lo que al secreto profesional se refiere.
Portafolios do alumno Toda a información relativa á elaboración e avaliación do portafolio facilitarase no anexo á guía docente que se entregará ao alumno/ao día da presentación da materia
Proba obxectiva Realizarase un exame final individual no que se avaliará calquera das competencias a adquirir detalladas neste programa. Este exame será de carácter teórico-práctico avaliando tamén os coñecementos teóricos aplicados a práctica e será elaborado en consenso polo conxunto dos profesores que de cada Servizo da CUP. O tipo e planificación do exame detallarase polo menos 15 días antes á data oficial de exame aprobada en Xunta de Facultade.
O exame constará de dous partes unha correspondente ao Servizo de Quiropodoloxía e Cirurxía e outra correspondente ao Servizo de Patoloxía mecánica e tratamentos físicos e ortopodolóxicos para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado en cada unha das partes.
A porcentaxe global de cada apartado de probar obxectiva será: Exame de Quiropodoloxía e Cirurxía (20%); Exame de Patomecánica-Ortopodoloxía (20%)
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes