Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Prácticum 3
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas As prácticas clínicas consisten na participación gradual e supervisada do alumnado no proceso de atención podológica integral cos pacientes reais que sexan atendidos polos diferentes servizos da Clínica Universitaria de Podología e as prácticas externas nos servizos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.
O alumnado participará de forma activa, sempre baixo supervisión en todo o proceso de atención clínica: a xestión de datos clínicos; a exploración física e a xestión de probas complementarias e interpretación das mesmas; o diagnóstico, a prescripción, indicación, obtención e/ou aplicación dos diferentes tratamentos, así como o seguimiento das afecciones tratadas e a súa evolución.
Do mesmo xeito participará de forma activa nas sesións clínicas dos servizos.
A asistencia ás prácticas clínicas é obligatoria e non pode ser substituída por ningunha outra actividade.
A ausencia a prácticas só estará xustificada no caso de producirse algunha das causas recolleitas no artigo 12 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grado e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da UDC debidamente acreditada (con justificante con data do día da ausencia que deberá de ser entregado antes de pasados 7 días da ausencia na administración da CUP).
Terase dereito a non recuperar as prácticas ata un máximo de 3 ausencias xustificadas a prácticas.
Cada ausencia xustificada adicional será penalizada con -0,25 puntos na avaliación continua do servizo no que se ausente.
Un número maior a 8 de faltas xustificadas ou a existencia de faltas injustificadas supoñerá o suspenso da materia.
Calquer suposto que se presente no límite da presente norma será revisado polo coordinador da materia.
A fin de permitir a formación complementaria do alumno dentro das mesmas tamén poderán recoñecerse como tales prácticas a asistencia a actividades de relevancia e interese para a titulación.
Da participación en tales actividades deberase de entregar o certificado de asistencia antes de que pasen 7 días desde a súa celebración e comunicando a intención de asistir con polo menos 30 días de antelación ao coordinador da materia.
Entre estas actividades das que se poden recoñecer un máximo de 2 ausencias a prácticas son:
- Congreso Nacional de Podoloxía
- Xornadas Galegas de Podoloxía
- Congresos Internacionais de Podoloxía
- Congreso de Estudantes de Podoloxía
Todo o alumnado debe de asistir no grupo no que está inscrito e dado que debe de asistir todos os días a prácticas. Non existe a posibilidade de cambiar prácticas.
Existirán follas de control de asistencia nas que o alumno/a deberá asinar á súa entrada na CUP.
A firma é a garantía da asistencia do alumno/á a práctica polo que a ausencia desta poderase entender como unha falta á práctica clínica.
Calquera falta xustificada debe de documentarse adecuadamente coa causa e datas do día e entregarse ao persoal de administración da CUP antes de pasados 7 días desde a ausencia.
A puntualidad na asistencia a prácticas é de obrigado cumprimento polo que se rexistrará calquera atraso.
As faltas de puntualidad serán penalizadas podendo chegar a supoñer o suspenso da materia.
Todo procedemento e tratamento será supervisado polo docente responsable de cada práctica que á súa vez será quen estableza o prazo de próximas visitas e/ou revisiones.
Durante todas as prácticas o alumno/a deberá de levar pijama e calzado sanitario branco, limpo así como bolígrafo e lentes de protección. Do mesmo xeito deberán de respectarse as normas da CUP en todo momento (http://www.enfermeriaypodologia.com/podologia/cup/normas-cup/), a lexislación vigente e o Código Deontológico de Podoloxía moi especialmente no que ao segredo profesional refírese.
O incumprimento da normativa de Clínica Podolóxica, normativa da UDC e/ou Ley Orgánica de Protección de Datos de carácter Personal supondrá el suspenso de la materia.
suporá o suspenso da materia.
Portafolios do alumno Este apartado consistirá no desenvolvemento de competencias relacionadas coa xestión documental clínica (elaboración da historia clínica, petición de probas complementarias, elaboración de informes clínicos, etc.), e a realización de seminarios e sesións clínicas para o desenvolvemento de competencias como emitir un diagnóstico e un prognóstico, interpretar os resultados das probas complementarias ou manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes, mediante a lectura crítica e a discusión de publicacións científicas.
Para iso todo o alumnado matriculado deberá elaborar e entregar a través da plataforma Moodle en formato PDF nomeando ao arquivo con Apelido1_Apelido2_Nomee_TAREFA.PDF as seguintes tarefas:
I.- Entregar 1 caso clínico real de pacientes vistos polo alumno/a en cuestión durante o cuadrimestre en que curse a materia.
O caso clínico poderá estar redactado en galego, castelán ou inglés
Contará cunha extensión de entre 10 e 15 páxinas, sen contar o índice, iconografía, a bibliografía e os anexos que inclúa.
A fonte e o tamaño de letra serán uniformes en todo o texto (Arial de 12 puntos) e o interlineado utilizado será de 1,5 liñas, con posibilidade de adaptación nas táboas que figuren no traballo
As marxes da páxina axustaranse ás seguintes dimensións: superior e inferior de 2 cm, lateral esquerda de 2 cm e lateral dereita de 2 cm
O texto debe estar paginado, cos números de páxina centrados na marxe superior
No pé de páxina consignarase o título do traballo, o título abreviado do traballo ou, de ser o caso, o nome completo do/a alumno/a.

ESTRUTURA DO CASO CLÍNICO:
Introdución: Presentarase o problema xeral ou a temática principal a que se circunscribe o caso. Co apoio das referencias bibliográficas abordarase o estado actual da cuestión. Xustificarase o caso clínico.
Presentación do caso: Descrición cronolóxica da situación clínica.
Valoración: Recollerase información clínica obxectiva e subxectiva da persoa para chegar a xuízos correctos e exactos que guíen a intervención profesional.
Plan de actuación: debe incluír: fase diagnóstica; fase de planificación; fase de execución e fase de avaliación.
Discusión: Destacaranse os resultados máis relevantes do caso, en particular o grao de resolución, e estableceranse comparacións cos resultados da literatura científica en casos similares.
Sinalaranse as limitacións ou dificultades para pór en práctica o plan de actuación. Sinalaranse as implicacións para a práctica en forma de recomendacións clínicas.



Proba obxectiva Realizarase unha proba final teórica e outra proba final práctica con paciente real
Nesta proba obxectiva avaliarase calquera das competencias a adquirir nos 3 Practicums.
Este exame será de carácter teórico-práctico avaliando tamén os coñecementos teóricos aplicados á práctica e será elaborado en consenso polo conxunto dos profesores de cada Servizo da CUP.
O tipo e planificación do exame detallarase polo menos 15 días antes á data oficial de exame aprobada en Xunta de Facultade.
O exame constará de dous partes unha correspondente ao Servizo de Quiropodología e Cirurxía e outra correspondente ao Servizo de Patoloxía mecánica e tratamentos físicos e ortopodológicos.
Para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado en cada unha das partes. En caso de suspender o exame dun Servizo non se fai media coa cualificación obtida no exame do outro servizo.
A porcentaxe global de cada apartado de probar obxectiva será: Exame de Quiropodología e Cirurxía (20%); Exame de Patomecánica-Ortopodología (20%)
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes