Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Prácticum 3
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas clínicas As prácticas clínicas consisten na participación gradual e supervisada do alumnado no proceso de atención podológica integral cos pacientes reais que sexan atendidos polos diferentes servizos da Clínica Universitaria de Podoloxía e as prácticas externas nos servizos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.
O alumnado participará de forma activa, sempre baixo supervisión en todo o proceso de atención clínica: a xestión de datos clínicos; a exploración física e a xestión de probas complementarias e interpretación das mesmas; o diagnóstico, a prescripción, indicación, obtención e/ou aplicación dos diferentes tratamentos, así como o seguimiento das afecciones tratadas e a súa evolución.
Do mesmo xeito participará de forma activa nas sesións clínicas dos servizos.
A asistencia ás prácticas clínicas é obligatoria e non pode ser substituída por ningunha outra actividade.
A ausencia a prácticas só estará xustificada no caso de producirse algunha das causas recolleitas no artigo 12 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grado e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da UDC debidamente acreditada (con xustificante con data do día da ausencia que deberá de ser entregado antes de pasados 7 días da ausencia na a través da plataforma Moodle). O xustificante orixinal debe ser gardado polo alumno e ser solicitado polo coordinador/a da materia ante calquera dúbida.
Terase dereito a non recuperar as prácticas ata un máximo de 3 ausencias xustificadas a prácticas.
Cada ausencia xustificada adicional será penalizada con -0,25 puntos na avaliación continua do servizo no que se ausente.
Un número maior a 8 de faltas xustificadas ou a existencia de faltas inxustificadas supoñerá o suspenso da materia.
Calquer suposto que se presente no límite da presente norma será revisado polo coordinador da materia.
A fin de permitir a formación complementaria do alumno dentro das mesmas tamén poderán recoñecerse como tales prácticas a asistencia a actividades de relevancia e interese para a titulación.
Da participación en tales actividades deberase de entregar o certificado de asistencia antes de que pasen 7 días desde a súa celebración (a través da plataforma Moodle) e comunicar a intención de asistir con polo menos 30 días de antelación enviando un correo electrónico ao coordinador/a da materia.
Entre estas actividades das que se poden recoñecer un máximo de 2 ausencias a prácticas son:
- Congreso Nacional de Podoloxía
- Xornadas Galegas de Podoloxía
- Congresos Internacionais de Podoloxía
- Congreso de Estudantes de Podoloxía
Todo o alumnado debe de asistir no grupo no que está inscrito e dado que debe de asistir todos os días a prácticas non existe a posibilidade de cambiar prácticas.
Existirán follas de control de asistencia nas que o alumno/a deberá asinar á súa entrada e saída na CUP.
A firma é a garantía da asistencia do alumno/á a práctica polo que a ausencia desta poderase entender como unha falta á práctica clínica.
A puntualidad na asistencia a prácticas é de obrigado cumprimento polo que se rexistrará calquera atraso.
As faltas de puntualidad serán penalizadas podendo chegar a supoñer o suspenso da materia.
Todo procedemento e tratamento será supervisado polo docente responsable de cada práctica que á súa vez será quen estableza o prazo de próximas visitas e/ou revisiones.
Durante todas as prácticas o alumno/a deberá de levar pijama e calzado sanitario branco, limpo así como bolígrafo e lentes de protección. Do mesmo xeito deberán de respectarse as normas da CUP en todo momento (http://www.enfermeriaypodologia.com/podologia/cup/normas-cup/), o Plan de continxencia COVID-19, a lexislación vixente e o Código Deontolóxico de Podoloxía moi especialmente no que ao segredo profesional refírese.
O incumprimento da normativa de Clínica Podolóxica, o Plan de continxencia COVID-19, a normativa da UDC, normativa sanitaria e/ou Ley Orgánica de Protección de Datos de carácter Personal suporá o suspenso da materia.
Portafolios do alumno Este apartado consistirá no desenvolvemento de competencias relacionadas coa xestión documental clínica, a elaboración da historia clínica, petición de probas complementarias, elaboración de informes clínicos, etc. para o desenvolvemento de competencias como emitir un diagnóstico e un prognóstico, interpretar os resultados das probas complementarias ou manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes, mediante a lectura crítica e a discusión de publicacións científicas.
Para iso todo o alumnado matriculado deberá elaborar e entregar a través da plataforma Moodle en formato PDF una tarefa individual. Ó comenzo de curso se llevó facilitará ó alumnado toda a información relativa a dita tarefa, así como os criterios de avaliación e as indicacións e data de entrega.



Proba obxectiva Nesta proba obxectiva avaliarase calquera das competencias a adquirir nos 3 Practicums.
Este exame será de carácter teórico-práctico avaliando tamén os coñecementos teóricos aplicados á práctica e será elaborado en consenso polo conxunto dos profesores de cada Servizo da CUP.
O tipo e planificación do exame detallarase polo menos 15 días antes á data oficial de exame aprobada en Xunta de Facultade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes