Teaching GuideTerm
Faculty of Nursing and Podiatry
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Subjects
  Practicum 3
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Objective test A64 A62 A60 A55 A54 A53 A52 A51 A50 A49 A48 A47 A46 A45 A44 A43 A42 A41 A40 A39 A38 A37 A36 A35 Realizarase un exame final individual no que se avaliará calquera das competencias a adquirir detalladas neste programa. Este exame será de carácter teórico-práctico sen esquecer a base da aplicación da teoría á práctica e será elaborado en consenso polo conxunto dos profesores que de cada Servizo da CUP. O tipo e a planificación do exame detallarase polo menos 15 días antes á data de exame.
O exame constará de dous partes unha correspondente ao Servizo de Quiropodoloxía e Cirurxía e outra correspondente ao Servizo de Patoloxía mecánica e tratamentos físicos e ortopodolóxicos para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado en cada unha das partes.
A porcentaxe global de cada apartado de probar obxectiva será: Exame de Quiropodoloxía e Cirurxía (20%); Exame de Patomecánica-Ortopodoloxía (20%)
40
Clinical practice placement A33 A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A50 A51 A52 A53 A55 A60 A62 A64 B2 B3 B4 B6 B7 B11 B14 B16 B17 B18 B19 B21 C1 A avaliación da práctica clínica consistirá nunha avaliación do grao de adquisición por parte do alumno das competencias a desenvolver neste Prácticum . A cualificación final obterase da recollida dos coñecementos, habilidades e actitudes que cada profesor recollerá nas prácticas supervisadas do seu Servizo.
A porcentaxe global de cada Servizo é:
-Quiropodoloxía-Cirurxía (19%)
-Patomecánica-Ortopodoloxía (19%)
-Servizo Cámara hiperbárica (2%)

É necesario superar cada apartado (5/10) da avaliación para superar as prácticas clínicas e a materia.
Para a avaliación continua das prácticas clínicas avaliaranse os seguintes ítems nunha ficha individual por alumno/a:
-Capacidade de expresión e comunicación co paciente, compañeiros e resto do persoal.
-Co paciente valorarase especialmente a capacidade de expresión e comunicación en todo o proceso de atención clínica, desde a anamnesis ata a prescrición terapéutica
-Coñecemento profesional na toma de decisións de exploración, diagnóstico, racionalización das probas complementarias, diagnóstico e manexo terapéutico
-Habilidade na utilización de instrumental, material e maquinaria para a aplicación, administración e fabricación de tratamentos
-Capacidade de iniciativa, traballo, responsabilidade, organización e planificación
-Asistencia, puntualidade, interese e colaboración no traballo.
40
Student portfolio A49 B1 B12 C3 C4 C6 C7 C8 Avaliaranse todas as actividades individuais ou en grupo que se programaron na planificación e metodoloxía do portafolio. Toda a información relativa á avaliación do portafolio detallareise o día da presentación da materia. 20
 
Assessment comments

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes