Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Prácticum 3
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A35 A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 A53 A54 A55 A60 A62 A64 O exame constará de dous partes unha correspondente ao Servizo de Quiropodoloxía e Cirurxía e outra correspondente ao Servizo de Patoloxía mecánica e tratamentos físicos e ortopodológicos.
Para superar o exame e a materia será necesario obter unha cualificación de aprobado en cada unha das partes. En caso de suspender o exame dun Servizo non se fai media coa cualificación obtida no exame do outro servizo.
A porcentaxe global de cada apartado de probar obxectiva será: Exame de Quiropodoloxía e Cirurxía (20%); Exame de Patomecánica-Ortopodología (20%)
40
Prácticas clínicas A33 A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A50 A51 A52 A53 A55 A60 A62 A64 B2 B3 B4 B6 B7 B11 B14 B16 B17 B18 B19 B21 C1 A avaliación da práctica clínica consistirá nunha avaliación do grao de adquisición por parte do alumno das competencias a desenvolver neste Prácticum e en calquera dos 2 Practicums anteriores.
A cualificación final obterase da recollida dos coñecementos, habilidades e actitudes-aptitudes que cada profesor recollerá durante o desenvolvemento das prácticas clínicas.
A porcentaxe global de cada Servizo é:
-Quiropodología-Cirurxía (20%)
-Patomecánica-Ortopodología (20%)


É necesario superar cada apartado (5/10), é dicir superar as prácticas clínicas de cada Servizo para superar as prácticas clínicas e a materia.
Para a avaliación continua das prácticas clínicas avaliaranse os seguintes ítems nunha ficha individual:
-Capacidade de expresión e comunicación co paciente, compañeiros e resto do persoal.
-Co paciente valorarase especialmente a capacidade de expresión e comunicación en todo o proceso de atención clínica, desde a anamnesis ata a prescrición terapéutica
-Coñecemento profesional na toma de decisións de exploración, diagnóstico, racionalización das probas complementarias, diagnóstico e manexo terapéutico
-Habilidade na utilización de instrumental, material e maquinaria para a aplicación, administración e fabricación de tratamentos
-Capacidade de iniciativa, traballo, responsabilidade, organización e planificación
-Asistencia, puntualidade, interese e colaboración no traballo.
O incumprimento da normativa de Clínica, Plan de continxencia COVID-19 e/ou da lexislación vixente no que a protección de datos persoais refírese así como da normativa xeral da UDC suporá o suspenso da materia independentemente das cualificacións obtidas no resto de metodoloxías.
Da mesma forma o incumprimento de ditas normativas pode supor tamén a expulsión da práctica clínica sen dereito a ser recuperada.
40
Portafolios do alumno A49 B1 B12 C3 C4 C6 C7 C8 Avaliaranse todas as actividades que se programaron na planificación e metodoloxía do portafolio.
Toda a información relativa á avaliación do portafolio detallarase o inicio de curso.
O portafolio do alumnado ten un valor do 20% sobre a cualificación final.
20
 
Observacións avaliación

CONDICIÓNS A TER EN CONTA PARA SUPERAR O PRACTICUM 3:

1) É obrigatorio asistir ao 100% das prácticas clínicas.

O alumnado que falte aínda de forma xustificada a un número de prácticas maior a 8 faltas e aínda que só sexa 1 non xustificada suporá o suspenso da materia debendo de matricularse no seguinte curso académico.

En calquera caso un número de faltas ás prácticas superior ao 30% suporá automaticamente a cualificación de Non Presentado no conxunto da materia tanto para a primeira como para a segunda oportunidade, debendo de matricularse no seguinte curso académico.

2) Para superar a materia será necesario superar cada unha das metodoloxías incluídas na guía docente.

O alumnado que non supere a puntuación mínima ou non se presente a proba obxectiva na 1ª oportunidade terá a opción de facelo na 2ª oportunidade.

Con todo, na avaliación de 2ª oportunidade (mes de xullo) non hai opción a examinarse da avaliación continua. Desta maneira se a avaliación continua está suspensa o alumno/a estará suspenso no Prácticum 3 debendo de matricularse no seguinte curso académico.

3) É obrigación do alumnado matriculado ler, coñecer e cumprir en todo momento coa normativa de práctica clínica, plan de continxencia COVID-19, normativa xeral da UDC e normativa de protección de datos persoais. Desta maneira calquera comportamento inapropiado cos pacientes, compañeiros, profesorado ou persoal da CUP, así como faltas reiteradas ás normas de funcionamento da CUP, do segredo profesional e da lexislación sanitaria vixente, suporá a expulsión da práctica clínica e o suspenso da materia.

Non se permite falar e permanecer nos corredores ou recepción da CUP.

Non se permite utilizar o teléfono móbil e/ou escoitar música durante as prácticas clínicas

Non se permite realizar fotos ou gravacións con dispositivos que non pertenzan á CUP.

Non se permite rexistrar datos persoais do paciente, revelar datos de saúde do paciente na recepción da CUP e/ou anotar datos persoais ou sanitarios en cadernos ou calquera outro soporte propio do alumnado.

Débese recoller e organizar os gabinetes e salas tras o seu uso.

O alumnado non pode dar o alta ou cita a un paciente sen autorización expresa por parte do docente responsable da atención clínica.

Non se permite ausentarse das prácticas clínicas e/ou abandonar a CUP sen unha xustificación e comunicación ao profesor responsable da práctica.

Non se permite comer ou beber nas instalacións da CUP.

Débese portar o cartón identificativo, indumentaria de prácticas (pixama branco limpo e calzado sanitario branco), bolígrafo 4 cores, rotulador permanente, rotulador borrable, luvas de kevlar (ou equivalente), tesoiras multiusos ou lentes, máscara ou máscara de protección.

Débese manter un aseo adecuado incluíndo manter o pelo recolleito ou curto, as uñas cortadas e sen pintar así como non portar colares, aneis, pendentes longos ou pulseiras.

Normas da CUP (http://www.udc.es/fep/cup).

Situacións especiais de avaliación

1) A cualificación de matrícula de honra, dado o seu carácter graciable, concederase automaticamente ao alumnado que obteña un 10 na cualificación media da materia. En caso de non existir ningún alumno/a con cualificación de 10, todo o alumnado que obteña unha cualificación media superior a 9.0, requisito básico para optar á matrícula de honra, poderán optar á matrícula de honra por acordo do conxunto de docentes da materia naqueles casos que, cumprindo o requisito mínimo, puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a actitude mostradas durante o desenvolvemento da materia. De darse o caso de que haxa empate na avaliación, a decisión tomarase tengo en conta a nota máis alta das diferentes metodoloxías por este orden: 1º Proba obxectiva, 2º Prácticas clínicas e 3º Portafolio.

2) Segunda oportunidade: Na 2ª oportunidade só poderán optar a superar a materia aqueles alumnos/as que superando a avaliación continua non superasen o exame práctico, ou portafolio.

3) Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles alumnos/as que cursen a materia e realicen as prácticas obrigatorias de forma completa, poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só a aquelas partes que non obtivesen unha cualificación mínima de 5 sobre 10. En caso de non realizar a totalidade das prácticas clínicas terá que cursar a totalidade da materia novamente.

4) Conservaranse de forma automática as cualificacións superadas de calquera das metodoloxías dentro das 2 oportunidades da mesma convocatoria.

5) Para alumnado con matrícula parcial: poderán desenvolver a materia realizando os diferentes conceptos da materia en dous cursos, sempre realizando as prácticas, portafolio e exame do mesmo servizo no mesmo curso. Para iso contarase o primeiro curso en que se curse a materia coa cualificación de N.P. e no segundo coa cualificación calculada de todos os conceptos no momento de realización dos mesmos. Deberán de solicitar e aprobarse esta modalidade de avaliación ao comezo do curso, en caso contrario avaliarase como na modalidade ordinaria.

6) Convocatorias da oportunidade adiantada de avaliación: Para aqueles alumnos/as que solicitasen a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos, concédaselle e cursen e superen as prácticas clínicas (cuxa cualificación suporá o 40% da materia), poderán presentarse á proba obxectiva de carácter práctico clínico cuxa cualificación suporá o 60% da cualificación da materia.

7) Non presentado: aqueles alumnos/as que asistan a menos do 70% das prácticas clínicas da materia, a súa cualificación será automaticamente de Non Presentado (para calquera das oportunidades do curso).

8) Alumnado de mobilidade (Erasmus , SICUE, Bilateral): A cualificación dos alumnos de mobilidade (tanto Erasmus, como SICUE, como Bilateral) realizarase só pola avaliación continua en caso de suspenso poderán recuperar no exame da materia. Estes distribuiranse entre todos os grupos de prácticas.

9) Mentorización ERASMUS e Bilateral: Ao comezo da materia proporase a todos os alumnos/as que polo menos obtivesen unha cualificación de notable no Prácticum 2 priorizando a aqueles/as alumnos/as obtivesen unha maior cualificación no Prácticum 2 e os que en cursos anteriores realizasen unha estancia de mobilidade noutro país. Dita proposta deberá de realizarse por cada alumno/a que estea interesado en participar como mentor dentro da actividade Moodle onde voluntariamente cada solicitante achegará unha copia do seu expediente e xustificantes de realizar algunha estancia de mobilidade en cursos anteriores a fin de que sexa valorado polo conxunto de docentes da materia. A participación como mentor/a sumará ata  0,5 á súa cualificación final da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes