Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Traballo de fin de grao
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Traballo de fin de grao Código 750G02036
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Ciencias da Saúde
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Gil Manso, Pedro
Correo electrónico
pedro.gil.manso@udc.es
Profesorado
Alonso Tajes, Francisco
Bouza Prego, Maria angeles
Carballo Díaz, Juan Luis
Díaz Díaz, Ana María
Facio Villanueva, Angel
Freijomil Vázquez, Carla
Gil Manso, Pedro
Gonzalez Martin, M. Cristina
López López, Daniel
Lopez Lopez, Luis
López Martínez, Noemia Zeltia
Maseda Rodríguez, Ana Belén
Mosquera Fernandez, Abian
Nuñez Fernández, Lucia
Pérez García, Sergio
Pértega Díaz, Sonia
Romero Martin, Manuel
Romero Soto, Manuel
Santalla Borreiros, Fátima
Seoane Pillado, María Teresa
Sobrido Prieto, María
Souto Gestal, Antonio
Correo electrónico
francisco.alonso.tajes@udc.es
maria.prego@udc.es
juan.carballo1@udc.es
ana.ddiaz@udc.es
angel.facio@udc.es
carla.freijomil@udc.es
pedro.gil.manso@udc.es
cristina.gmartin@udc.es
daniel.lopez.lopez@udc.es
luis.lopezl@udc.es
zeltia.lopezm@udc.es
ana.maseda@udc.es
abian.mosquera.fernandez@udc.es
lucia.nunez@udc.es
sergio.perez.garcia@udc.es
s.pertega@udc.es
manuel.romero.martin@udc.es
manuel.romero.soto@udc.es
f.santalla@udc.es
maria.teresa.seoane.pillado@udc.es
maria.sobrido@udc.es
antonio.souto@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Proxecto ou Traballo de Fin de Grao consta de 6 ECTS que se realizará no 2º cuadrimestre de 4º curso. Por tanto, os estudos de Grao de Podoloxía concluirán coa elaboración e defensa do Proxecto ou Traballo de Fin de Grao que estará orientado á avaliación das competencias asociadas ó título, tal como prevé o RD 1393/2007 e a Orde CIN/728/2009 polos que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habilitan para o exercicio da profesión Podólogo. Materia transversal cuxo traballo se realizará asociado a distintas materias, co obxectivo de integrar os coñecementos, habilidades, destrezas, valores e actitudes adquiridos durante o itinerario curricular do alumno. A UDC e a memoria del Título de Grao en Podoloxía establecen que os estudantes poden matricularse no TFG unha vez exista constancia fidedigna de que superou un total de 180 ECTS, incluídos todos os da primeira metade del plan de estudos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non haberá cambios nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Actividades iniciais e Traballos tutelados *Metodoloxías docentes que se modifican Presentación Oral: Adaptada a docencia non presencial. Unha vez o estudante obteña a autorización de defensa do traballo por parte do seu titor, deberá solicitar a defensa do mesmo. A exposición e defensa do traballo será en formato virtual a través da plataforma Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Os seminarios metodolóxicos/tarefas iniciais e titorías co/s director/es que non foran xa virtuais, franse por vía TEAMs da materia de TFG. 4. Modificacións na avaliación A avaliación do traballo tutelado: Realizarase polo/a director/a que deberá emitir un informe detallado e una calificación sobre o traballo realizado. A nota máxima acadada neste apartado poderá ser de 8 puntos. - A avaliación da presentación oral: O estudante defenderá o traballo ante o Titor, nunha sesión de formato non presencial na plataforma Teams que será pública e grabada, mediante unha reunión convocada e gravada polo propio director do TFG (previo acordo co alumno e dentro do canal do período correspondente), na que o alumno adxuntará o PDF do seu TFG. A defensa consistirá na exposición oral e non presencial do traballo durante un tempo máximo de 10 minutos, na que se dará conta dos aspectos máis relevantes da actividade realizada. Logo da exposición, o titor poderá formular as preguntas e solicitar as consideracións que considere oportunas, as que o estudante deberá dar resposta. O tempo máximo establecido para esta defensa será de 10 minutos. A nota máxima acadada neste apartado poderá ser de 2 puntos. O tribunal formarase por tres membros docentes da Facultade de Enfermaría e Podoloxía pertencentes á comisión de docencia e validacions, ao equipo decanal, ou á coordinación de título e curso. O devandito tribunal reunirase nunha sesión destinada á revisión dos TFGs depositados e defendidos na convocatoria. Unha vez verificado que non existe ningún defecto de forma, nin signos de mala praxe durante o proceso, o secretario do tribunal asinará a acta coa nota proposta polo(s)/a(s) director(es)/a(s). *Observacións de avaliación: - Se designará 1 tribunal avaliador de TFG para a oportunidade de Xuño e Xullo que será o mesmo que para de setembro. - Os membros do Tribunal serán designados de entre os compoñentes da Comisión de Docencia, o equipo de goberno da Facultade e a Coordinación do Título, do seguinte xeito: · Presidente/a: Responsable do título. · Secretario/a: Vicedecano do Título. · Vocal: Docente representante do título na Comisión de Docencia. · Suplente: tomarase entre os membros da comisión de Coordinación do Grao formada polos coordinadores de prácticas e de curso (de último a primeiro). - O/A director/a dun TFG non poderá formar parte do tribunal que ratifica a calificación final dun traballo. - O/a secretario/a do tribunal encargarase de introducir e asinar as cualificacións dos TFG nas actas dixitais no prazo establecido. - Antes do peche de actas o tribunal publicará a data e a hora da revisión (formato non presencial). Na revisión estará presente cando menos, un membro do tribunal avaliador e o Director do TFG. - Aqueles traballos que acaden unha cualificación numérica igual ou superior a 7 (previa a corrección segundo a nota do expediente do estudante), serán remitidos ao Repositorio Institucional da UDC (RUC, co enderezo web <http://ruc.udc.es>) para a súa publicación. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se plantexan modificacións bibliográficas.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes