Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Reeducación funcional das afeccións podolóxicas
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Reeducación funcional das afeccións podolóxicas Código 750G02037
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Souto Gestal, Antonio
Correo electrónico
antonio.souto@udc.es
Profesorado
Souto Gestal, Antonio
Correo electrónico
antonio.souto@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Esta materia ten como obxectivo dar a coñecer aos estudiantes de podoloxía un protocolo de carácter interdisciplinar para a valoración do complexo articular do nocello e pé, así como as súas implicacións globais no resto de segmentos corporais, utilizando para ilo a exploración física e o razonamento clínico seguidos no proceso de fisioterapia. A partir de biomecánica clínica, exponse protocolos de valoración neuro-ortopedica e funcional a partir dos cales implementar estratexias terapéuticas baseadas na cinesiterapia nas súas distintas modalidades e a reeducación sensorio-perceptivo-motora.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se contemplan modificacións nos contados. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Manteranse as seguintes metodoloxías docentes: - Docencia expositiva (sesión maxistral) en formato virtual a través de plataformas institucionais. - Estudo de casos, para o cal se reforzará o soporte e titorización telemática - Lecturas *Metodoloxías docentes que se modifican Deberán modificarse as seguintes metodoloxías docentes: - Proba mixta: levarase a cabo de forma telemática, facendo uso das plataformas insitucionais. - Actividades iniciais: realizaranse a través de seminarios de debate en grupo reducido a través das plataformas institucionais - Discusión dirixida. Realizaranse a través de seminarios de debate en grupo reducido a través das plataformas institucionais. Fomentarase a participación en foros de debate temáticos creados ao efecto, así como a través da realización de actividades/dinámicas de autoavaliación (facendo uso de recursos socráticos como Kahoot). Decaerán as seguintes metodoloxías: - Prácticas de laboratorio. De non poder realizarse por causa da situación sanitaria, os contidos serán abordados/compensados telemáticamente a través do uso de material audiovisual de apoio. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. - Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Crearanse foros temáticos asociados aos módulos da materia, onde formular as consultas necesarias, así como “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se poñerá en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. - MS Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o a revisión dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ata 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación Non se propón modificación, salvo a porcentaxe asignada a avaliación continuada das sesión prácticas, que pasaría a computar na avaliación continuada xeral do conxunto de actividades telemáticas da materia (elevándose por tanto ata o 20%). A proba mixta representará igualmente un 40% ao igual que o traballo de estudo de casos (40%). *Observacións de avaliación: Manteñense os mesmos requisitos para superar a materia agás o requisito de asistencia a un mínimo do 70% das sesións prácticas, que será esixible para o conxunto de sesións telemáticas que se desenvolvan. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se contemplan modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes