Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Reeducación funcional das afeccións podolóxicas
   Contidos
Temas Subtemas
Unidade Temática I: Valoración funcional do pé e membro inferior. Tema 1. Recordo anatómo-biomecánico do pé e as súas relacións co membro inferior.
Tema 2. Concepto de disfunción e adaptación. O sistema nervioso como estrutura integradora. Cadeas lesionales ascendentes e descendentes. Dismetrías anatómicas e funcionais.
Tema 3. Xeneralidades do proceso de valoración.
Tema 4. Valoración funcional do pé e membro inferior (I): Anamnesis, Valoración estática en carga.
Tema 5. Valoración funcional do pé e membro inferior (II): Valoración en descarga.
Tema 6. Valoración funcional do pé e membro inferior (III): Valoración dinámica.
Unidade Temática II: Reeducación funcional e Fisioterapia nos procesos inflamatorios e dexenerativos do pé. Modelo de tensión de tecidos e rexeneración de partes brandas. Tema 7. Modelo de estrés de tecidos. Teoría rotacional e as súas implicacións clínicas. Relacións ascendentes e descendentes.
Tema 8. Resposta inflamatoria. Fases e implicacións clínicas.
Tema 9. Reparación e rexeneración tisular. Mecanotransducción celular e modelo de rexeneración de partes brandas baseado no estímulo mecánico controlado.
Tema 10. Escordadura de nocello. Implicacións locais e ascendentes.
Tema 11. Patoloxía e disfuncións do sistema suro-aquileo-plantar. Implicacións locais e ascendentes.
Tema 12. Patoloxía e disfuncións de medio-pé e antepie. Implicacións locais e ascendentes.
Unidade Temática III. Dor, propiocepción e control motor. Avaliación e tratamento.
Tema 13. Nocicepción e dor. Dor fisiológico vs dor neuropático. O sistema nervioso como fonte de dor e disfunción. Neurodinámica do membro inferior; avaliación e principios de tratamento.
Tema 14. O sistema miofascial como fonte de dor referida. Estiramentos: bases neurofisiológicas, principios, indicacións e contraindicaciones.
Tema 15. Bases da propiocepción e control motor. O pé e outros captadores posturales. Vendaxe: bases neurofisiológicas, principios, indicacións e contraindicaciones.
Unidade Práctica I. Valoración funcional do pé. Exploración neuro-ortopédica do pé e membro inferior.
Práctica 1. Exploración da postura e dos captadores posturales.
Práctica 2. Exploración neurodinámica do membro inferior: palpación e test de provocación neural.
Practica 3. Exploración neurodinámica do membro inferior: avaliación dos potenciais puntos de conflito do sistema nervioso periférico no membro inferior.
Práctica 4. Avaliación estática e dinámica da pelvis. Test ortopédicos e funcionais.
Práctica 5. Exploración da estática e dinámica da articulación coxofemoral. Alteracións torsionales e capacidade rotacional. Exploración do xeonllo.
Practica 6. Exploración da mobilidade articular do complexo nocello-pé.
Práctica 7. Valoración dinámica: a marcha e test funcionais de control motor.
Unidade Práctica II. Reeducación funcional e Fisioterapia nas principais afeccións podolóxicas. Práctica 8. Técnicas articulares do complexo nocello-pé.
Práctica 9. Técnicas miofasciais.
Práctica 10. Técnicas miofasciais. Estiramentos.
Práctica 11. Estratexias para a mellora da propiocepción e control motor do membro inferior.
Práctica 12. Vendaxe funcional.
Práctica 13. Vendaxe propioceptiva.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes