Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Fisioloxía Humana
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A68 B25 B27 B29 C9 C11 C14 C15 Esta proba consistirá no 40% da nota final. 40
Traballos tutelados A68 B26 B27 B29 B35 B39 C9 C11 C12 Os alumnos realizarán exercicios relacionados coas clases maxistrais e presentación orais relacionadas con algún tema da materia. Isto, xunto coa realización de seminarios, suporá o 60% da cualificación final. 60
 
Observacións avaliación
Sistemas de avaliación: Primeira e segunda oportunidade: Proba mixta que abordará todo o temario da materia (40% da nota final) e traballos tutelados (60%). Oportunidade adiantada: proba mixta que abordará todo o temario da materia.

Matrícula parcial: os alumnos con matrícula parcial avaliaranse de maneira individualizada tendo en conta cada caso. Recoméndase ao alumnado contactar o máis rapidamente posible cas profesoras. 

Non presentado: Considerarase "non presentado" a calquera alumna ou alumno que non se presente a algunha das probas mixta. 

Matrícula de honra: Outorgarase ao alumnado que, obtendo cualificación de sobresaliente, teña as puntuacións máis elevadas.

Sistemas de cualificación: Numérico desde o 0 ao 10, sendo 10 a máxima cualificación e 5 o aprobado. O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 do 5 de setembro (BOE/BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.  Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes