Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Psicoloxía Aplicada e Saúde
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas B25 B26 B27 B36 C11 Propoñeranse casos e exercicios que serán desenvoltos polos estudantes. 15
Presentación oral B24 B25 B26 B35 O Traballo tutelado deberá ser presentado de forma sincronía o asíncrona dependiendo das características do alumnado 7
Estudo de casos A79 A80 B39 C14 C15 Presentación de situación prácticas, e información que axude a desenrolar e a asimilar os contidos da materia 21
Traballos tutelados A77 A79 A80 B25 B26 B39 C16 Se propondrá una temática o inicio do cuatrimestre para realizar un traballo de curso 14
Portafolios do alumno A79 B37 C11 C14 C15 Carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou
etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de
aprendizaxe realizadas polo alumno, como: apuntes ou notas de clases, comentarios
de notas, resumes, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso
do alumno realizado polo profesor, etc.
5
Proba obxectiva A77 B24 B25 B26 B27 B34 B35 B36 B37 B38 B39 C11 C14 C15 C16 Proba tipo test sobre os contidos da asignatura. Realizaranse dúas probas independentes sobre os contidos dos bloques de Psicoloxía e Saúde Pública 38
 
Observacións avaliación

As diferente partes da materia serán cualificadasde forma independente, obtendo en cada unha delas unha puntuación entre 0 e 10 puntos.

Para superar a materia é necesario superar tanto a parte de Psicoloxía como a de Saúde Pública, de acordo cos criterios establecidos polo/a profesor/a correspondente, así como ter presentado o portafolio relativo ós contidos de Desigualdades en Saúde (Enfermería).

No caso de que non se supere unha das partes na 1ª oportunidade, a nota que figurará será de 4, e para a 2ª oportunidade manterase aprobada a parte que se teña superada na 1ª oportunidade dentro da mesma convocatoria.

A cualificación final calcularase tendo presente o número de créditos de cada unha das partes da materia. Por tanto, a nota final será a media ponderada calculada coa fórmula:

Nota final = 0,7 * Nota Psicoloxía + 0,25 * Nota Saúde Pública + 0,05 * Nota Desigualdades Saúde

Por limitacións da plataforma, o contido deste apartado é orientativo. Nos primeiros días de clase cada profesor/a comentará cómo se realizará a avaliación da súa parte.

MATRÍCULA DE HONRA

Poderán optar á calificación de Matrícula de Honra aqueles/as alumnos/as coas calificacións máis elevadas que obteñan unha nota final por encima de 9

NON PRESENTADO

A cualificación de Non Presentado corresponderá ao alumno/a que non se presente ás probas de avaliación esixidas nalgunha das tres partes das que consta a materia.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA AS UNIDADESDIDÁCTICAS DE SAÚDE PÚBLICA

Proba mixta: Realizarase unha proba obxetiva na data oficial do exameda materia. A proba constará de preguntas tipo test relacionadas cos contidos teóricos, as lecturas propostase os problemas expostos no desenvolvemento da materia. Puntuará sobre un mínimode 0 e un máximo de 10. O resultado desta proba representará o 40% dacualificación global desta parte da materia.

Solución de problemas: formulación aos alumnos de casos prácticos que debenresolver facendo uso dos coñecementos teóricos que se traballan na materia, ecuxa entrega será puntuable nos casos nos que así se indique. Todos ostraballos puntuaranse sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. A cualificación mediadestes traballos representará o 60% da cualificación global desta parte damateria.

A cualificación final desta parte da materia calcularase de acordo coas porcentaxes anteriores. A puntuación mínima para superar esta parte da materia será de 5 puntos.

A metodoloxía de avaliación descrita é obrigatoria para os/ as alumnos/ as de matrícula ordinaria en primeira e segunda oportunidade.

En segunda e sucesivas matrículas non computarán as calificacións dos cursos anteriores

Os/as alumnos/ as de matrícula parcial e dispensa académica de exención de asistencia, deberán poñerse en contacto cos profesores desta parte da materia ao comezo do curso. Deberán entregar os boletins de exercicios no tempo e forma que se lles solicite para ser avaliados/as.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA AS UNIDADES DIDÁCTICAS DE PSICOLOXÍA

A cualificación final da parte da materia que corresponde a contidos de Psicoloxía calcularase segundo as seguintes porcentaxes:

Estudios de casos -> 30%

Traballos tutelados -> 20% 

Presentación oral -> 10% 

Proba test -> 40%

 

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA AS UNIDADES DIDÁCTICAS DE DESIGUALDADES EN SAÚDE

A cualificación desta parte da materia corresponderá á elaboración dun portafolio sobre os contidos desenvolvidos, que se calificará de 0 a 10. A cualificación máxima (10 puntos) corresponderá a 0,5 puntos da calificación final.

Para axudar a conseguir unha contornainmediata sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do "I Plan deSustentabilidade Medio-Ambiental Green Campus FCS", os traballos que se realicen nesta materia solicitaranse en formato virtual e soporte informático. De realizarse en papel:

a.- Non se empregarán plásticos.

b.- Realizaranse impresións a dobre cara.

c.- Empregarase papel reciclado.

d.- Evitarase a impresión de borradores, moiespecialmente en cor.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes