Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Bases Biolóxicas e Físicas do Movemento Humano
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Bases Biolóxicas: Observación de tecidos ó microscopio óptico.
Bases Físicas: Os alumnos asistirán a unha sesión de análise de marcha. Observarán en primeiro lugar como se colocan os marcadores reflectores e os eléctrodos de EMG sobre o corpo, como se sitúan as placas de forza, e como se realiza a captura. A continuación, observarán que resultados obtéñense e cal é a análise dos mesmos. Posteriormente, deberán realizar, por grupos, un informe no que expliquen o que é a análise de marcha, coas súas propias palabras, tomando recursos da internet, etc.
Solución de problemas Resolución de problemas. Os alumnos toman notas.
Traballos tutelados Bases Biolóxicas: Por grupos, os alumnos realizarán una presentación na clase sobre as bases celulares e/ou xenéticas dunha patoloxía.
Bases Físicas: Os alumnos deberán realizar un traballo, por grupos, no que se mostre algunha aplicación da análise de marcha. Posteriormente, devandito traballo será presentado en clase durante unha das sesións prácticas.
Proba mixta Bases físicas: consistente na resolución de problemas.
Bases biolóxicas: identificación de estructuras en imaxess histolóxicas, preguntas tipo test con 3 opciones donde únicamente unha delas é verdadeira e preguntas curtas.
Se realizará unha proba a mediados do primeiro cuatrimestre e outra proba final.
Sesión maxistral Expóñense os contidos da materia, con axuda de material dixital. Os alumnos toman notas, e estudan a materia pola súa conta, con apoio do profesor/as grazas a tutorías. Para valorar a asimilación dos conceptos por parte do alumnado, realizaranse tamén algunas actividades breves na aula.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes