Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Microbioloxía e parasitoloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Realizarase un exame que inclúe 10 preguntas curtas de ensaio e 30 preguntas de tipo test con catro posibilidades e resposta única. Nesta proba incluiranse unha pregunta curta e dúas preguntas tipo test relativas ao traballo tutelado.
Sesión maxistral A maior parte dos contidos desta materia desenvolveranse mediante leccións maxistrais participativas con apoio importante de imaxes e vídeo. Periodicamente realizaranse controis de asistencia a clase.
Traballos tutelados Realizarase un traballo colaborativo, obrigatorio para superar a materia en Primeira oportunidade, en grupos preferiblemente de seis integrantess. Consistirá nun traballo de síntese de información sobre coñecemento científico relativo ao control do crecemento dos microorganismos como base para a aplicación na práctica podológica da política de antisepsia e desinfección no ambiente clínico. A data de entrega do traballo será única a final do período de clases, anunciarase no Campus Virtual da UDC, e de acordo co calendario de exames e a normativa vixente fixarase para uns 15 días antes da data de comezo do periodo de exames da Primeira oportunidade.
Saídas de campo Realizaranse visitas programadas a centros de interese para o contido da materia.
Prácticas de laboratorio Realizaranse unhas prácticas dedicadas a introducir ao alumnado no manexo do microscopio óptico para observar preparacións comerciais de mostras biolóxicas relativas ao contido da materia. Realizarase unha práctica de sementeira e cultivo microbiano dirixida a demostrar os beneficios do lavado de mans.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes