Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Microbioloxía e parasitoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A74 A73 B23 B29 C9 C11 C12 C14 As preguntas de ensaio puntúanse entre 0 e 1 e supoñen o 50% da nota da proba. As preguntas obxectivas de resposta única constitúen o outro 50% da nota. Tres preguntas non acertadas (ou fracción) restan unha acertada. Para poder facer a suma debe obterse en cada parte polo menos 15% da calificación total da proba. Para poder aprobar a materia a nota da proba debe ser igual ou superior a 4 puntos. O alumnado que non se presente a esta proba final na data oficial do centro obterá a cualificación de Non Presentado. 65
Sesión maxistral A74 A73 B23 B29 C9 C11 C12 C14 A asistencia ás sesións maxistrais cualificarase con 0; 0,5 ou 1 punto en función de que se obteña a presenza na maior parte dos controis periódicos que se realicen ao longo do curso.
Entre o 70 e o 100% da asistencia = 1 pt
Entre o 50 e o 70% da asistencia = 0,5 pt
Menos do 50% = 0 pt
10
Traballos tutelados A73 B23 B39 C9 C11 C12 C14 A presentación do traballo tutelado é obrigatoria en Primeira Oportunidade. Na cualificación do traballo considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, capacidade de síntese e de crítica e adecuación da bibliografía consultada.
Ante situacións de plaxio aplicarase o que se recolle na normativa da UDC.
15
Saídas de campo A74 A73 B23 C9 C11 C12 C14 A asistencia a esta actividade e a entrega da memoria resumen da saída valórase con 0,5 puntos. Se non poidese realizarse a saída, as prácticas de laboratorio cualificaríanse como o 10% da nota final. 5
Prácticas de laboratorio A74 A73 B23 C9 C11 C12 C14 Avaliarase o traballo práctico realizado no proceso de aprendizaxe e o aproveitamento da observación en relación cos contidos da materia, que se plasmará na elaboración dun caderno de laboratorio. A realización de todas as sesións prácticas e a presentación do caderno correspondente é obrigatoria e contribuirá sumando 0,5 puntos. 5
 
Observacións avaliación

A avaliación descrita (ITINERARIO ORDINARIO) é obrigatoria para todos o alumnado con matrícula ordinaria na Primeira oportunidade (xuño). Para a Segunda oportunidade (xullo) e na Oportunidade adiantada de avaliación (decembro, ITINERARIO ADIANTADA), o alumnado pode elixir o sistema de avaliación descrito para a primeira oportunidade (sempre que entregase en prazo as actividades académicas deseñadas para o curso) ou a avaliación mediante un exame único que achegue o 100% da nota final (ITINERARIO FINAL), indicándoo por escrito na proba mixta o día da data oficial para a realización do exame. O alumnado con matrícula a tempo parcial pode acollerse a este último sistema de avaliación (avaliación mediante un exame único que achegue o 100% da nota final) tanto en Primeira como en Segunda oportunidade (ITINERARIO TEMPO PARCIAL) e adiantada (ITINERARIO ADIANTADA). O alumnado con matrícula a tempo parcial que teña concedida dispensa académica de asistencia a clase pode acollerse tamén ao
sistema de avaliación ITINERARIO TEMPO PARCIAL DISPENSA en todas as oportunidades.

Avaliación ITINERARIO ORDINARIO (aplicable en Primeira e Segunda oportunidade):
1.- Traballo tutelado 15%
2.- Proba mixta con nota superior a 4 puntos 65%
3.- Sesións maxistrais 10%
4.- Prácticas de laboratorio 5%
5.- Saída de campo 5%

Avaliación ITINERARIO FINAL, ITINERARIO TEMPO PARCIAL e ITINERARIO ADIANTADA (aplicable só en Segunda e Oportunidade adiantada para alumnado con matrícula ordinaria e en Primeira, Segunda e Oportunidade adiantada para alumnado con matrícula a tempo parcial):
1.- Proba mixta 100%

Avaliación ITINERARIO TEMPO PARCIAL DISPENSA (aplicable en Primeira, Segunda oportunidade e adiantada):
1.- Traballo tutelado 15%
2.- Proba mixta con nota superior a 4 puntos 75%
3.- Prácticas de laboratorio 5%
4.- Saída de campo 5%

A avaliación en segunda e posteriores matrículas do alumnado será a mesma que para primeira matrícula, coa excepción de que se conservará durante dous cursos académicos a porcentaxe da nota final obtida pola avaliación das Prácticas de laboratorio e Saída de campo

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes