Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Microbioloxía e parasitoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A73 A74 B23 B29 C9 C11 C12 C14 As preguntas de ensaio puntúanse entre 0 e 1 e supoñen o 50% da nota da proba. As preguntas obxectivas de resposta única constitúen o outro 50% da nota. Tres preguntas non acertadas (ou fracción) restan unha acertada. O alumnado que non se presente a esta proba final na data oficial do centro obterá a cualificación de Non Presentado. 40
Sesión maxistral A73 A74 B23 B29 C9 C11 C12 C14 O seguimento das clases maxistrais por medios informáticos de forma síncrona ou asíncrona por parte do alumnado valorarase mediante a súa participación en clase, a elaboración de resumos, e/ou a realización de probas obxectivas que serán comunicadas ao alumnado polo Campus Virtual. 20
Obradoiro A73 A74 B23 B39 C9 C11 C12 Avaliarase o traballo práctico realizado no proceso de aprendizaxe e o aproveitamento da observación en relación cos contidos da materia, que se plasmará na elaboración dun caderno de laboratorio. Os talleres valoraranse mediante a participación en todas as sesións e a presentación do caderno correspondente. 20
Traballos tutelados A73 B23 B39 C9 C11 C12 C14 A presentación do traballo tutelado é obrigatoria. Na cualificación do traballo considerarase: Comprensión do tema tratado, rigor científico, capacidade de síntese e de crítica e adecuación da bibliografía consultada.
Ante situacións de plaxio aplicarase o que se recolle na normativa da UDC.
20
 
Observacións avaliación

A avaliación descrita (ITINERARIO ORDINARIO) é obrigatoria para todos o alumnado con matrícula ordinaria na Primeira oportunidade (xuño). Para a Segunda oportunidade (xullo) e na Oportunidade adiantada de avaliación (decembro, ITINERARIO ADIANTADA), o alumnado pode elixir o sistema de avaliación descrito para a primeira oportunidade (Entregando nun prazo que se anunciará no Campus Virtual as actividades académicas deseñadas para ou curso que computan na avaliación) ou a avaliación mediante un exame único que achegue o 100% da nota final (ITINERARIO FINAL), indicándoo por escrito na proba mixta o día da data oficial para a realización do exame. O alumnado con matrícula a tempo parcial (con ou sen dispensa académica) pode acollerse a este último sistema de avaliación (avaliación mediante un exame único que achegue o 100% da nota final) tanto en Primeira como en Segunda oportunidade (ITINERARIO TEMPO PARCIAL) e adiantada (ITINERARIO ADIANTADA).

Avaliación ITINERARIO ORDINARIO (aplicable en Primeira e Segunda oportunidade):
1.- Proba mixta 40%
2.- Sesións maxistrais 20%
3.- Traballo tutelado 20%
4.- Obradoiro 20%

Avaliación ITINERARIO FINAL, ITINERARIO TEMPO PARCIAL e ITINERARIO ADIANTADA (aplicable só en Segunda e Oportunidade adiantada para alumnado con matrícula ordinaria e en Primeira, Segunda e Oportunidade adiantada para alumnado con matrícula a tempo parcial):
1.- Proba mixta 100%

A avaliación en segunda e posteriores matrículas do alumnado será a mesma que para primeira matrícula.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes