Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Podoloxía xeral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A87 A88 A89 A90 B39 B37 B33 B30 B28 B27 B26 B25 B24 B23 C8 Desenvolvemento dos contidos do programa da materia en sesión maxistral, nos horarios establecidos pola facultade. 4
Prácticas de laboratorio C9 C10 C11 C12 C13 C14 C15 C16 C17 Realizaranse prácticas daqueles contidos que así o requiran, como se especifica no programa da materia.
Traballásese de forma individualizada, en parella e grupos as diversas probas exploratorias propias dos contidos da materia.
10
Lecturas A87 A88 A89 B25 Referencias Bibliograficas 5
Actividades iniciais C15 Simulacións de probas 1
Proba de ensaio C9 C11 Simulación en el laboratorio de los procedimientos propios de los contenidos de la asignatura. 5
Proba mixta C9 C11 Teórico/práctica 60
Traballos tutelados C13 C15 C17 Os alumnos deberán elaborar un traballo o longo do curso cun contenido relacionado coa materia. 15
 
Observacións avaliación
Exame teórico: 60%. Exame práctico: 15%. Prácticas de laboratorio e valoración dos traballos : 15%. A asistencia ás clases e a participación activa do alumno no desenvolvemento dos temas e dos traballo na aula supoñerá 10 % da cualificación final. Para o aprobado na materia será necesario: Realizar a totalidade das prácticas. Presentar os traballos e asistir aos seminarios. O formato do exame teórico será: Tipo test, preguntas curtas e un tema para desenvolver. O formato do exame práctico desenvolvésese de modo teórico/práctico nos laboratorios do centro. O alumno deberá responder e realizar as 3 probas clínico/ exploratorias que se lle soliciten. Deberase de superar de modo independente a proba teórica e a proba práctica para aprobar a materia. Obrigatoriedade de superar os 5 puntos sobre 10 para superar a materia, tanto no apartado teórico como no práctico. Tamén será necesario a realización de todas e cada unha das prácticas de laboratorio para superar a materia. As cualificacións das prácticas e os seminarios só se computarán na cualificación final. No caso de non superalas en primeira convocatoria, as cualificacións computarán enla segunda oportunidade. En segunda ou sucesivas matriculas non se gardarán notas. O non presentado outórgase ao non presentarse á convocatoria. A matrícula de honra aplicásese naqueles casos que se alcancen os 10 puntos.

Cando o alumno non supere de maneira independente una ou máis probas supoñerá a cualificación de SUSPENSO en acta. Se a media aritmética supera o 5, ao non superar algunha das avaliacións, figurará cun 4,9 en acta.

O feito de non presentarse a algunha das probas implica figurar en acta como NON PRESENTADO.

As probas superadas na primeira oportunidade conservaranse para a segunda oportunidade, coa cualificación obtida.



MATRÍCULA PARCIAL:



Para os alumnos de MATRICULA PARCIAL poderán optar por examinarse por escrito en primeira e segunda oportunidade nun único exame que se corresponderá coas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade, onde se aplicarán as porcentaxes relativas a cada parte do contido da materia.

FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS:



Segundo o establecido na normativa da UDC:



1.- Se durante a realización dunha proba de avaliación os profesores responsables teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, a copia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor.



2.- Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, despois de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro.



3.- A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.
4.- Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes