Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Biomecánica do Membro Inferior
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba práctica Proba que se realizará no laboratorio de prácticas e na que se buscará que o alumno desenvolva algunha técnica, método o procedemento que se tivese feito durante as clases prácticas.
Portafolios do alumno Ficha de exploración biomecánica en formato papel ou dixital ordenada por apartados debidamente identificadas segundo o explicado nas clases prácticas de laboratorio. E produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno no período de tempo de prácticas.
Presentación oral Exposición verbal dos contidos relacionados coa segunda e/ou cuarta unidade temática. Esta exposición posterior a elaboración dun tema, será desenvolvida por grupos.
Proba de resposta breve Proba/s obxectiva/s dirixida/s a provocar o recordo dunha aprendizaxe presentada a través das leccións maxistrais. Preséntase un enunciado en forma de pregunta para responder cunha frase específica, palabra, cifra ou símbolo. Farase a través de moodle.
Sesión maxistral Clases expositivas para os grupos grandes de forma virtual. Expondranse contidos teóricos.
Prácticas de laboratorio Prácticas no laboratorio de Biomecánica. Reprodúcense técnicas, métodos e procedimentos de exploración biomecánica previamente explicados e representados pola profesora.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes