Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Diagnóstico por Imaxe
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Diagnóstico por Imaxe Código 750G02112
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Miguens Vázquez, Xoán
Correo electrónico
xoan.miguens.vazquez@udc.es
Profesorado
Miguens Vázquez, Xoán
Correo electrónico
xoan.miguens.vazquez@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta asignatura o alumnado traballará nos conceptos físicos necesarios para comprender a realización e obtención das diferentes modalidades de técnicas de imaxe diagnóstica. Recoñecer as diferentes imaxes así como a información que se espera obter en cada caso fundamentarán a elección da técnica máis axeitada a cada circunstancia clínica. Os contidos prácticos permitirán identificar correctamente cada técnica de imaxe e a visión anatómica que ofrece.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: Sesion magistral Seminarios Estudos de casos Traballos tutelados Aprendizaxe colaborativa Portafolios do alumno *Metodoloxías docentes que se modifican: ninguna 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: – Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Segundo a necesidade do alumando para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. – Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. 4. Modificacións na avaliación: - Sesión magistral: 30% - Seminario: 20% -Traballo individual no que o alumno explique coas súas propias palabras os principios fundamentais de física de radiacións ionizantes así como a base de imaxe médica radiolóxica. - Traballos tutelados: 20% - Estudo de casos: 20% - Deberá aportar unha imaxe coa súa correspondente explicación de cada técnica de imaxe en cada unha das localizacións anatómicas do membro inferior. *Observacións de avaliación: Optarán á cualificación de Matrícula de Honra aquel alumno que obtendo unha cualificación global superior ao 95% sexa a mellor cualificación da clase. A cualificación de non presentado: outorgarase a aqueles/es alumnos/as que non presenten as actividades pendentes nin participasen de ningún escenario. Segunda oportunidade: Para aquel alumnado que non superase a materia na primeira oportunidade de avaliación, manterase as mesmas porcentaxes de avaliación a cada metodoloxía que na primeira oportunidade e o alumno poderá volver realizar calquera das tarefas avalidadas, que estime convenientes, neste caso de forma individual (mesmo as que inicialmente eran en grupo) e deberá entregalas 7 días antes da data do exame. As tarefas que non repita manterase a cualificación da primeira oportunidade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: no se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes