Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Diagnóstico por Imaxe
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Ten como finalidade a aprendizaxe autónoma dos estudantes baixo a tutela do profesor.
Os contidos incluidos nesta modalidade serán os fundamentos físicos da imaxe diagnóstica.
Complementase coa aprendizaje colaborativa nos contidos de artefactos de imaxe.
Portafolios do alumno O alumnado deberá dispor de xeito ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, os rexistros produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno que incluen: apuntes ou notas de clases, resumes, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais con preguntas interactivas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Esta modalidad empregarase para proporcionar o alumnado experiencia derivada da practica clínica, que habitualmente non se presenta na bibliografía e por tanto difícil de acadar sen práctica asistencial
Estudo de casos O alumnado enfrontarase a un problema concreto (caso), que lle describe unha situación clínica real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar os feitos, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. Esta decisión pode fundamentar tanto a elección de técnica de imaxe más axeitada como as diferentes opcions diagnósticas posibles.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Aprendizaxe colaborativa Aplicaráse fundamentalmente na evolución dos contidos físicos que fundamentan a imaxe diagnóstica e os seus artefactos. Ben de forma presencial ou telemática os alumnado traballará de xeito colaborativo en pequenos grupos coordinados para acatar a resolución das tarefas asignadas.
Deste xeito optimizarase a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes