Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Ortesioloxía Dixital e Calzadoterapia
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Ortesioloxía Dixital e Calzadoterapia Código 750G02117
Titulación
Grao en Podoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
López López, Daniel
Correo electrónico
daniel.lopez.lopez@udc.es
Profesorado
López López, Daniel
López Martínez, Noemia Zeltia
Correo electrónico
daniel.lopez.lopez@udc.es
zeltia.lopezm@udc.es
Web http://moodle.udc.es/
Descrición xeral A asignatura de ortesioloxía dixital e calzadoterapia posee unha clara importancia de cara a que o alumnado desenrole coñecementos, habilidades e destrezas importantes no proceso ensinanza – aprendizaxe do seu proceso formador para mellorar a saúde das persoas. O valor é moi significativo para o futuro podólogo, de cara a comprender, actuar e profundizar no campo terapéutico da ortoprótesis, no uso e a indicación de productos sanitarios podolóxicos, proporcionándolle unha formación básica de coñecementos teóricos e destrezas prácticas, co fin de que adquira as competencias básicas relacionadas ca prescripción, deseño e obtención das principais orteses dixitales e próteses do pe e coñeza a súa relación co resto do membro inferior. Mediante a prescripción de dispositivos orto-protésicos a medida ou prefabricados, numerosos estudios demostraron a eficacia destes dispositivos tanto na reducción da sintomatoloxía, como na recuperación da funcionalidade de diversas situacións patolóxicas debidas a alteracións estructurais ou funcionais do pe ou dalgunha outra estructura do membro inferior.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos. – Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías. *Metodoloxías docentes que se manteñen: - Sesión maxistral. - Foro Virtual. - Atención personalizada. *Metodoloxías docentes que se modifican: – Seminarios a través do Moodle (computa na avaliación). As actividades relacionadas cos seminarios consistirán en traballos tutelados a entregar a través da plataforma de teleensinanza moodle. – Prácticas de Laboratorio a través do Moodle (computa na avaliación). As actividades relacionadas cas prácticas de laboratorio consistirán en traballos tutelados a entregar a través da plataforma de teleensinanza moodle. – Proba Mixta a través do Moodle (computa na avaliación). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. – Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento das metodoloxías de aprendizaxe previstas na materia. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado a tráves do Foro Virtual. – Teams: sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e prácticos. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación. – Non se realizarán cambios. *Observacións de avaliación. Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: - As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. - A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos criterios que a primeira oportunidade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía. – Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes