Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Ortesioloxía Dixital e Calzadoterapia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario B25 B26 B30 B39 C9 C11 C16 C17 A calificación de cada actividade de seminario se cuantificará nun rango de entre 0 e 0.5 puntos. Cada ítem incorrecto ou que non se inclúa dos que aparecen nos aspectos formais de cada seminario (título da actividade, datos do autor, elaborar tódolos apartados da actividade, evitar faltas de ortografía, texto escrito en letra arial de tamaño 12, ás marxes de 2,5 cm, párrafos xustificados, sen sangría inicial, con espaciado cero, interliñado a dobre espazo, número total de palabras do documento, tempo utilizado para realizar a actividade, texto paxinado e con números centrados no encabezado, o pé de páxina debe incluir o título do traballo centrado, que non ocupará máis dunha liña, as referencias bibliográficas utilizarán a normativa Vancouver, documento presentará un número de entre 1.500 a 2.500 palabras, o formato de entrega do documento será en .doc tendo un factor reductor na nota do 50% a presentación en outros formatos (Ex. .pdf, .jpg) da actividade descontará un 0.1 da calificación a obter na actividade. 15
Prácticas de laboratorio A104 B27 B36 C12 A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade para superar a materia.
A puntuación se cuantificará nun rango de entre 0 e 0.5 puntos, onde o alumnado respostará a catro preguntas relacionadas cos instrumentos de técnica de elaboración do producto sanitario, acompañado ca realización práctica da aplicación do tratamento e o seu posterior informe correspondente (máximo unha carilla). As preguntas teñen un valor de 0.2 puntos, a técnica terapéutica 0.2 puntos e o informe 0.1 puntos.
Para obter o apto/a nas prácticas de laboratorio debe contestarse ou realizarse correctamente o 50% das actividades e/ou preguntas do exame, alén de ter asistido á totalidade das prácticas.
20
Proba mixta A106 A110 B28 Exame de 30 preguntas test. As preguntas test conteñen unha única resposta correcta. En caso de existir dúas ou máis respostas que poidesen considerarse correctas, a resposta correcta única será aquela que sexa máis completa ou elimine aspectos contradictorios. Cada dúas preguntas non acertadas eliminan unha resposta acertada. As preguntas en blanco no restan. Tódalas respostas deben de respostarse na plantilla.
Non se terán en conta aquelas respostas que non figuren na plantilla. As respostas deben marcarse na plantilla cunha X, que abarquen todo o cadro da resposta seleccionada.
Se eliminarán todas as respostas da plantilla que conteñan máis dunha resposta ou conteñan borróns ou tachaduras que xeren incertidume sobre cal foi a resposta marcada. Cada pregunta ten un valor de 0,15 puntos.
En canto, as preguntas abertas deben respostarse con letra lexible en cualquera dos idiomas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser puntuada, a resposta debe de respostar a pregunta de forma completa, ceñíndose á pregunta plantexada e tratando de non abarcar máis espazo do dispoñible. Dúas preguntas abertas de Ortesioloxía, teñen un valor de dous puntos e unha pregunta de Calzadoterapia ten un valor de 1.5 puntos.
65
 
Observacións avaliación

Na presentación da materia Ortesioloxía Dixital e Calzadoterapia explicarase sucintamente o programa e as normas para a súa avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario que establece a Universidade da Coruña, modificada polo Consello de Goberno de 29 de xuño de 2017 e que no seu artigo 14 indica o seguinte:

1) COMISIÓN DE FRAUDE E RESPONSABILIDADES DISCIPLINARIAS:

1. 1. Se durante a realización dunha proba de avaliación o profesorado responsable teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, acopia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantado ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor. 1.2 Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro. 1.3 A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia. 1.4. Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

2.PRIMEIRA OPORTUNIDADE CONVOCATORIA ORDINARIA

2.1. Cómpre asistir ao 80% das clases de leccións maxistrais e dos seminarios, así como realizar as actividades propostas e obter unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a). A devandita puntuación só computará no caso de superar na súa totalidade a proba mixta.

2.2. Cómpre asistir ao 80% das prácticas de laboratorio, así como realizar as actividades propostas e obter unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a). A devandita puntuación só computará no caso de superar na súa totalidade a proba mixta.

2.3. A proba mixta escrita constará dunha parte con preguntas de tipo test e outra parte con preguntas curtas. Para superala deberá obterse unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a) en cada unha das dúas partes que integran a proba.

2.4 O alumnado que obteña a máxima nota final da materia na
primeira convocatoria, por enriba do 9.5 puntos acadará a calificación de
matrícula de honra.

No caso, de que exista empate entre o alumnado na calificación por enriba de 9.5 puntos, acadará a calificación de matrícula de honra o que entregara o exame da proba mixta no menor tempo posible.

3.SEGUNDA CONVOCATORIA ORDINARIA, OPORTUNIDADE ADIANTADA E SUCESIVAS CONVOCATORIAS:

3.1 Cómpre obter na proba mixta (test e preguntas curtas) unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a) en cada unha das dúas partes que integran aproba mixta.

3.2 As calificacións dos seminarios e dos laboratorios non computarán aínda que será necesario ter superadas as actividades para aprobar a materia en sucesivas convocatorias.

4.ALUMNADO DE MATRÍCULA PARCIAL:

4.1 Cómpre obter na proba mixta (test e preguntas curtas) unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a) en cada unha das dúas partes que integran aproba mixta, sendo a porcentaxe da cualificación un 60% da nota final.

4.2 Cómpre realizar unha proba práctica de laboratorio e obter unha puntuación total, nunha escala numérica de 1-10, dun 5 (apto/a), sendo a porcentaxe da cualificación un 40% da nota final. A devandita puntuación só computará no caso de superar na súa totalidade a proba mixta.

5. CALIFICACIÓNNON PRESENTADO

5.1 O alumnado que non asista as prácticas de laboratorio, seminarios ou a proba mixta na convocatoria establecida para avaliación outorgarase automáticamente a calificación de non presentado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes