Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Patoloxía Podolóxica I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A100 A103 B24 B25 B28 B30 O alumnado deberá asistir o 100% das prácticas, con excepción dos casos de enfermidade xustificados de forma axeitada. A asistencia as prácticas e obrigatoria para superar a materia.
O alumnado deberá presentar un boletín das práticas de xeito obrigatorio que computará un 5% da calificación final da materia.
5
Seminario A103 A105 B24 B27 B28 B39 O alumnado deberá realizar as actividades propostas nos seminarios, a presencialedade nas sesions presenciais programadas computara un 2% na calificación final da materia.
A entrega de actividades realizarase na Plataforma Moodle a entrega e obtención do 50% da calificación das mesmas será obrigatoria para superar a materia. As actividades propostas computarán un 8% da calificación final da materia.
O alumnado de matricula parcial deberá entregar as actividades e obter o 50% da puntuación que nestos casos será o 10% da puntuación total da materia.
En segunda oportunidade e oportunidade adiantada o alumnado deberá contestar a preguntas especícas dos temas traballados nos seminarios e alcanzar o 50% da puntuación das mesmas para superar a materia.
10
Estudo de casos A103 A105 B24 B25 B27 B30 C9 C10 O alumnado deberá realizar as actividades propostas nos estudos de casos, a presencialedade nas sesions presenciais programadas computara un 2% na calificación final da materia.
A entrega de actividades realizarase na Plataforma Moodle a entrega e obtención do 50% da calificación das mesmas será obrigatoria para superar a materia.
As actividades propostas computarán un 8% da calificación final da materia.
O alumnado de matricula parcial deberá entregar as actividades e obter o 50% da puntuación que nestos casos será o 10% da puntuación total da materia.
Na proba mixta incluiráse un caso que o alumnado debe resolver de forma individual e obter 0 50% da puntuación da mesma para superar a materia. A proba de estudo de caso computará un 15% da puntuación final da materia.
En segunda oportunidade e oportunidade adiantada de non ter entregadas e superadas asactividades no cursa anterior o caso a resolver na proba mixta final computará o 25% da calificación final da materia.
25
Proba mixta A100 A103 A105 B24 B25 B27 B28 B29 B30 C10 C16 C17 O alumnado deberá realizar unha proba mixta, con preguntas test obxectivas e preguntas de desarrollo na data fixada polo calendario oficial da FEP.
Nas preguntas test incluiranse os contidos das sesions maxistrais e seminarios.
Nas preguntas de desarrollo so se incluirá a materia impartida nas sesións maxistrais.
O alumnado debrá superar o 50% de ambas probas para poder superar a materia.
Na segunda oportunidade e oprtunidade adiantada o exame terá a mesma metodoloxia e puntuación.
45
Proba práctica A103 B24 B28 B30 C9 C16 C17 Na mesma data do exame final da materia realizarase unha proba práctica na que ó alumnado deberá demostrar a adquisición de competencias das prácticas (10%)
Na segunda opotunidade e Oportunidade adiantada deberá realizarse a proba práctica de xeito obrigatorio.
10
Resumo A100 A103 A105 B25 B27 B28 C9 C10 O alumnado presentar´de forma opcional un resumo dos contidos impartidos na sesión maxistral e dos materiais facilitados nos 7 días posteriores a impartición da mesma.
As actividades de resumo son opcionais, o alumnado que quera optar a calificación de matrícula de honra deberá alcanzar a puntuación do 50% nesta actividad.
5
 
Observacións avaliación
  1. Para superar a materia é obrigatorio asistir ás prácticas de laboratorio e superar  (50% do seu valor total) as actividades propostas nos seminarios e casos clínicos así como a proba mixta e a proba práctica.
  2. As cualificacións das prácticas, estudos de casos  e os seminarios só computarán na cualificación final se se supera o 50% da cualificación da proba mixta. No caso de non presentarse ou non superar a proba mixta na primeira oportunidade, as  cualificacións das prácticas, estudo de casos e  os seminarios computarán na segunda oportunidade se se supera nesa oportunidade o 50% da cualificación da proba mixta. A cualificación que figurará no acta en caso de non superar a proba mixta, será a cualificación do exame calculada sobre o 100% da avaliación. 
  3. En segunda e sucesivas matrículas só computarán as cualificacións das prácticas dos cursos anteriores. O alumnado deberá facer unha proba práctica e superar a proba mixta que inclue o estudo de casos e materia dos seminarios.
  4. A cualificación de Non Presentado outorgarase no caso de que non se presente á proba mixta ou non realice o 100% das prácticas.
  5. A cualificación de matrícula de honra, dado o seu carácter graciable, concederase automáticamente ao alumnado que obteña un 10 na cualificación media da materia. De darse o caso de que haxa máis alumnos/as con esa cualificación que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecida, convocarase a todos os alumnos/as para a realización dunha proba específica de desempate, que consistirá en unha proba de características similares ás da proba mixta, exame que se fixará en data e hora de acordo cos interesados/as. En caso de non existir ningún alumno/a con cualificación de 10, todo o alumnado que obteña unha cualificación media igual ou superior a 9.5, poderán optar á matrícula de honra previa solicitude ao profesor e mediante a superación da proba anteriormente descrita. No caso de que non existan solicitudes expresas de opción a matrícula, o profesor se reserva a potestade de outorgalas naqueles casos que, cumprindo o requisito de cualificación media, puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a actitude demostradas durante o desenvolvemento da materia
  6. Alumnado en matrícula parcial: O alumnado en matrícula parcial debe de comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do curso. Para este alumnado é obrigatorio ao 100% a realización das prácticas.O alumnado entregara as actividades propostas para cada metodoloxía en tempo e forma. 
  7. Oportunidade adiantada de avaliación: O alumnado que se atope nos supostos recollidos na normativa de xestión académica da UDC dispoñerá desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita e proba práctica de características similares á recollida no proceso de avaliación que terá, nesta oportunidade, un peso do 100% da cualificación final ( proba de estudo de casos 25%, Proba práctica 10% e proba mista 65%)
  8. PLAXIO: Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes