Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns
 Asignaturas
  Protección civil e xestión de emerxencias
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral B5 C4 C8 Exposición oral que ten por finalidade transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. A clase maxistral é tamén coñecida como "conferencia", "método expositivo" ou "lección maxistral". Esta última modalidade tamén pode reservarse a un tipo especial de lección impartida en ocasións especiais non só polo docente encargado da materia, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso casi exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. 10
Discusión dirixida A1 B4 Técnica de dinámica de grupos en que os membros dun grupo discuten sobre un tema, previamente preparado
10
Proba obxectiva A9 A10 B1 C1 Proba obxectiva Proba escrita empregada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo rasgo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. É un instrumento de medida, elaborado rigurosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas e rendimento, entre outras cousas. A proba en cuestión pode combinar distintos tipos de preguntas, tales como preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e de asociación. Igualmente, pode construírse cun só tipo de algunha destas preguntas. 60
Estudo de casos B2 C3 C5
Perante unha situación específica que plantea un problema, trátase de comprender, valorar e resolver a través dun proceso de discusión. Ante un problema en concreto (caso), que describe unha situación real, o estudantado debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razonada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos.
10
Solución de problemas B3 C6 C7 Trátase de resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se teñan traballado, que poden ter máis dunha solución.
10
 
Observacións avaliación
Os alumnos que teñan recoñecido dedicación a tempo parcial desta materia, (sempre que devandito recoñecemento sexa oficial) terán a posibilidade de superar a mesma a través dun exame teórico práctico que levará a cabo nas datas establecidas oficialmente pola Facultade e haberán de presentar para asistir ao mesmo un cartafol  con todos os exercicios que se lle fagan chegar a través da plataforma moodle. En canto á segunda convocatoria os requisitos serán os mesmos que na primeira convocatoria. A calificación será sobre 9.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes