Teaching GuideTerm
Faculty of Work Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns
 Subjects
  Facility Safety
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Document analysis C3 C6 A utilización das fontes aconselladas e mesmo calquera ampliación da información de aplicación será tida en conta. 5
Collaborative learning B5 C4 C5 C7 Valorarase a participación colaborativa co resto do grupo, así como a cualidade do resultado acadado. 20
Case study A2 B1 B2 B3 C6 C8 Terase en conta a destreza no manexo dos conceptos aplicados e a adecuación dos resultados. 10
Objective test B4 C1 É a partida metodolóxica de máis peso na avaliación do aproveitamento do curso. 60
Guest lecture / keynote speech A1 O aproveitamento e participación nas clases maxistrais contará na avaliación do curso. 5
 
Assessment comments

Ademais de realizar satisfactoriamente a proba obxectiva, para superar a materia é preciso asistir a un mínimo do 80% das clases e ter realizado todos os exercicios que se propuxeron como obrigatorios ao longo do curso. Os exercicios poderán resolverse de maneira individual ou formando parte dalgún dos grupos que se constituíron no comezo do curso.

No caso do alumnado que asista a menos do 80% das clases (sexa ou non por dispensa académica), ademais de realizar a proba obxectiva, deberá defender ante o profesorado a metade dos exercicios que se propuxeron como obrigatorios e responder a preguntas sobre os mesmos en relación co temario da materia, co obxecto de poder avaliar a súa participación nos devanditos traballos e a asimilación real dos conceptos teóricos e prácticos recolleitos na materia.

Para poder superar a materia debe terse presente que é responsabilidade do alumnado o acceso vía Moodle ao material docente, o seu estudo e o traballo co mesmo, a asistencia a clase e o seu aproveitamento, anotando as indicacións verbais e escritas do profesorado, recorrendo ao mesmo para a resolución de dúbidas. Ao alumnado que non asista a todas as clases (sexa ou non por dispensa académica) obríganlle as mesmas responsabilidades, debendo manter o contacto co resto do alumnado e co profesorado ao obxecto de estar informado de calquera cambio no desenvolvemento da materia e de recompilar as indicacións e o material docente adicional que puidese achegarse durante o curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes