Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña Ciencias da Saúde Dereito Público Economía Empresa Enxeñaría Industrial Enxeñaría Naval e Industrial Matemáticas Psicoloxía Química
O TFM supón a realización, por parte de cada estudante e de forma individual, dun proxecto, unha memoria ou un estudo orixinal baixo a supervisión dun ou máis directores. Neste traballo deben integrarse e desenvolverse os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, as competencias e as habilidades adquiridas durante o período de docencia do Máster. O TFM deberá estar orientado a aplicar as competencias xerais asociadas ao título. En concreto, a capacitar para a resolución de problemas relacionados coa súa área de estudo, integrando coñecementos e formulando xuízos no marco dun pensamento ético e socialmente responsable, sendo claros na comunicación das conclusións dos seus estudos.
O TFM debe ser defendido e avaliado unha vez téñase constancia fidedigna de que o estudante superou o resto dos créditos da titulación.
O TFM é un traballo protexido pola Lei de propiedade intelectual. En consecuencia, a titularidade dos dereitos de propiedade intelectual corresponderá a quen o realizase, salvo que se establecese doutra maneira no documento de asignación do TFM que cada estudante asinou nos termos e coas condicións previstas na lexislación vixente.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizaron cambios
2. Metodoloxías
? Cómpre flexibilizar ao máximo os procedementos de realización e a temática. A tal fin, de ser
preciso, poderase realizar un cambio no plan de traballo previsto (por imposibilidade, por exemplo,
de acceder á bibliografía fundamental, aos laboratorios, etc.), dentro das datas establecidas.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Ferramenta Temporalización
Email
Teams
Teléfono
Para titorías individuais/grupo, convir horario có director/es do TFG/TFM a
través do correo electrónico.
4. Modificacións na avaliación
Observacións de avaliación:
? A defensa farase por videoconferencia empregando Microsoft Teams e será gravada.
? Para que a defensa sexa un acto público, o centro proporcionaralle o enlace á defensa ás persoas
que así o soliciten.
? De xeito excepcional, poderán ser defendidos e avaliados antes de que o/a estudante superase as
prácticas externas, naqueles casos en que a súa realización dentro do presente curso académico
non fose posible. En todo caso as actas correspondentes aos TFG/TFM asinaranse ao remate do
proceso de cualificación e sinatura de actas das materias do título. Os centros con titulacións
afectadas por esta situación deberán pedir a correspondente autorización á vicerreitoría de
Planificación Académica e Innovación Docente.
? Excepcionalmente, por problemas de finalización dos traballos para a realización do TFG/TFM (por
imposibilidade de acceso á bibliografía, laboratorios, etc.) debido ás circunstancias derivadas desta
crise sanitaria, previa solicitude do centro á Vicerreitoría de Planificación Académica e Innovación
Docente, podería realizarse a defensa nun momento posterior á data fixada para o peche de actas.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías