Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias do Traballo |
Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns |
Asignaturas |
Traballo de fin de Mestrado |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Traballo de fin de Mestrado | Código | 760482017 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | Ver observacións avaliación. | 20 | |
Investigación (Proxecto de investigación) | Ver observacións avaliación. | 60 | |
Discusión dirixida | Ver observacións avaliación. | 20 | |
Observacións avaliación | |||
Tribunais de avaliación
Os tribunais de avaliación configuraranse da forma que estableza a COA, segundo o número de alumnos matriculados e a temática dos diferentes TFM que se presenten.Cada tribunal estará formado como mínimo por tres persoas e, polo menos, un suplente. Todas elas deberán ser membros do profesorado do Máster.Cada tribunal contará cunha persoa que o presida e outra que exerza como secretario/a. Quen dirixa un TFM non poderá ser membro do tribunal que o cualifique.Unha vez constituídos, os tribunais de avaliación establecerán a orde de exposición dos estudantes no caso de ser varios, así como o día, a hora e o lugar de realización das defensas dos TFM. Deben garantir a adecuada comunicación destes datos a todos os estudantes e o profesorado afectados. Presentación e defensa do TFM O tipo de letra será Times New Roman, tamaño 12 puntos, cun interlineado de 1,5. Marxes: superior, inferior e dereito 2,5 cm; esquerdo: 3 cm. O TFM terá unha Portada coas características presentadas no Anexo III (www.fcct.es). A presentación do TFM require que o/a estudante superase o resto dos créditos da titulación. Na oportunidade pertinente o/a estudante presentará unha solicitude de defensa e avaliación do TFM, segundo o procedemento establecido pola Universidade e nos prazos marcados polo centro para estes efectos. A solicitude rexistrarase por duplicado na U.X.A.I. e unha destas copias, xunto coa versión escrita do traballo realizado, presentarase no Decanato da Facultade. O estudante tamén debe obrigatoriamente subir a versión electrónica (en formato PDF) na Secretaría Virtual e na plataforma Moodle. O/a estudante defenderá o seu TFM pública e presencialmente. De maneira excepcional, a Comisión de Máster e Doutoramento podería aprobar, logo da demanda formal e motivada da COA, e sempre que existan as condicións técnicas, administrativas e económicas que o permitan, que a defensa teña lugar a distancia de forma virtual. A realización, presentación e defensa dos TFM poderán efectuarse en calquera dos idiomas que se empreguen na impartición do Máster, de acordo co disposto na memoria de verificación do título. Cada estudante disporá dun tempo máximo para a defensa, en que deberá expor os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións da súa TFM. Con posterioridade atenderá as preguntas, as aclaracións, os comentarios e as suxestións que lle puidesen formular os membros do tribunal de avaliación. Unha vez realizada a exposición do/a estudante e visto o informe elaborado por quen dirixiu o traballo, o tribunal deliberará sobre a cualificación que lle corresponde. Aplicaranse os criterios de avaliación que figuran no Anexo IV, e establecerase a media aritmético das cualificacións asignadas ao TFM por cada un dos membros do tribunal. O Secretario do Tribunal de avaliación será o encargado de recoller na acta (ANEXO V), a cualificación final e entregala no Decanato da Facultade, así como de asinar electrónicamente a acta dixital. A cualificación outorgarase en función da seguinte escala numérica de 0 a 10, con expresión dun decimal, á que terá que engadirse a correspondente cualificación cualitativa: 0-4,9 suspenso; 5,0-6,9 aprobado; 7,0-8,9 notable; 9,0-10 sobresaliente. Poderá acceder á mención de matrícula de honra o/a estudante que obtivese unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos e sexa merecedor/a de tal mención, segundo o criterio unánime do tribunal evaluador. No caso de que o/a estudante obteña a cualificación de suspenso, o tribunal faralle chegar un informe coas recomendacións oportunas para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. Enviarase unha copia deste informe á(s) persoa(s) que dirixiron o TFM. A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais dos TFM levarán a cabo de conformidade co previsto nas Instrucións da Vicerreitoría de Oferta Académica sobre as probas de avaliación e as actas de cualificación dos estudos de Grao e Máster. |
|