Teaching GuideTerm
Faculty of Work Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
 Subjects
  Entrepreneurship
   Methodologies
Methodologies Description
Objective test Proba escritura utilizada para la avaliación del aprendizaxe, cuxo trazo distintivo es la posibilidade de determinar si las respostas dadas son o no correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. Es de aplicación tanto para la avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas. Nas datas aprobadas en Xunta de Centro levará a cabo unha proba obxectiva na que o alumno terá que responder as preguntas dun cuestionario teórico-práctico (test de resposta pechada con catro alternativas, soio unha certa, e os erros restarán ¼ do valor dun acerto) ou preguntas de resposta aberta (breve explicación, resumo, representación e interpretación de gráficas, resolución de problemas, etc.) ou de ambos os tipos.
Guest lecture / keynote speech É a información ou desenvolvemento de contidos que incide sobre o nivel de coñecementos do alumno e que serven de punto de partida para a consolidación das aprendizaxes.
A lección maxistral consiste na exposición oral e sistematizada por parte do profesor, có fin de transmitir certos coñecementos ao alumno. É un recurso didáctico que permite ao profesor transmitir con precisión os conceptos mais importantes da materia, e debera polo xeral, reflectir coñecementos que lles sería difícil de atopar aos alumnos por outros meios.
A lección maxistral servirá fundamentalmente para transmiti-los contidos do programa dunha forma sistematizada e respetando unha orde expositiva que teña en conta os aspectos seguintes:
- Exposición dun marco global inicial que permita centra-lo tema.
- Análise dos aspectos principais que integran o tema.
- Síntese integradora do exposto.
- Fixación breve e sinóptica do tema.
Simulation Consiste na representación dun fenómeno de natureza física, técnica ou psicolóxica, que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que si se levara a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Ponse ao suxeito ante unhas condicións hipotéticas nas cales se proba o seu comportamento ante situacións concretas, os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Baséase, por tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación.
En concreto a simulación farese en tres fase:
1ª. Diseño do modelo de negocio (CANVAS)
2ª Elaboración dun plan de empresa abreviado sen análise economica-financeira
3ª Estudo de viabilidade do proxecto que se analiza co plan de empresa
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes