Teaching GuideTerm
Faculty of Work Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
 Subjects
  Master Thesis
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Research (Research project) A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Ver observacións avaliación. 60
Directed discussion B3 B4 C1 C6 Ver observacións avaliación. 20
Oral presentation B4 C1 C3 C6 Ver observacións avaliación. 20
 
Assessment comments
Tribunais de avaliación

Os tribunais de avaliación configuraranse da forma que estableza a CAM, segundo o número de alumnos matriculados e a temática dos diferentes TFM que se presenten.Cada tribunal estará formado como mínimo por tres persoas e, polo menos, un suplente. Todas elas deberán ser membros do profesorado do Máster.Cada tribunal contará cunha persoa que o presida e outra que exerza como secretario/a. Quen dirixa un TFM non poderá ser membro do tribunal que o cualifique.Unha vez constituídos, os tribunais de avaliación establecerán a orde de exposición dos estudantes no caso de ser varios, así como o día, a hora e o lugar de realización das defensas dos TFM. Deben garantir a adecuada comunicación destes datos a todos os estudantes e o profesorado afectados.

Presentación e defensa do TFM

O TFM terá unha extensión entre 20 e 40 páxinas (sen anexos). O tipo de letra será Times New Roman, tamaño 12 puntos, cun interlineado de 1,5. Marxes: superior, inferior e dereito 2,5 cm; esquerdo: 3 cm. O TFM terá unha Portada coas características presentadas no Anexo III.

A presentación do TFM require que o/a estudante superase o resto dos créditos da titulación. Na oportunidade pertinente o/a estudante presentará unha solicitude de defensa e avaliación do TFM, segundo o procedemento establecido pola Universidade e nos prazos marcados polo centro para estes efectos.

Coa solicitude entregaranse na U.X.A.I. a versión escrita e 4 copias da versión electrónica (en formato PDF) do traballo realizado. O/a secretario/a de o tribunal de avaliación deberá facer chegar unha copia electrónica a cada un dos membros deste, sempre que for posible.

O/a estudante defenderá o seu TFM pública e presencialmente. De maneira excepcional, a Comisión de Máster e Doutoramento podería aprobar, logo da demanda formal e motivada da CAM, e sempre que existan as condicións técnicas, administrativas e económicas que o permitan, que a defensa teña lugar a distancia de forma virtual.

A realización, presentación e defensa dos TFM poderán efectuarse en calquera dos idiomas que se empreguen na impartición do Máster, de acordo co disposto na memoria de verificación do título.

Cada estudante disporá dun tempo máximo para a defensa, en que deberá expor os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións da súa TFM. Con posterioridade atenderá as preguntas, as aclaracións, os comentarios e as suxestións que lle puidesen formular os membros do tribunal de avaliación.

Unha vez realizada a exposición do/a estudante e visto o informe elaborado por quen dirixiu o traballo, o tribunal deliberará sobre a cualificación que lle corresponde. Aplicaranse os criterios de avaliación que figuran no Anexo IV, e establecerase a media aritmético das cualificacións asignadas ao TFM por cada un dos membros do tribunal. O Secretario do Tribunal de avaliación será o encargado de recoller na acta (ANEXO V), a cualificación final e entregala no Decanato da Facultade, así como de asinar electrónicamente a acta dixital.


A cualificación outorgarase en función da seguinte escala numérica de 0 a 10, con expresión dun decimal, á que terá que engadirse a correspondente cualificación cualitativa:
0-4,9 suspenso;
5,0-6,9 aprobado;
7,0-8,9 notable;
9,0-10 sobresaliente.

Poderá acceder á mención de matrícula de honra o/a estudante que obtivese unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos e sexa merecedor/a de tal mención, segundo o criterio unánime do tribunal evaluador.

No caso de que o/a estudante obteña a cualificación de suspenso, o tribunal faralle chegar un informe coas recomendacións oportunas para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. Enviarase unha copia deste informe á(s) persoa(s) que dirixiron o TFM.

A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais dos TFM levarán a cabo de conformidade co previsto nas Instrucións do Vicerreitorado de Titulos sobre as probas de avaliación e as actas de cualificación dos estudos de Grao e Máster.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes