Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral (Plan 2011)
 Competencias do título


TipoA Código  
  Profesionalizador
  AP1 Asesorar ás PYMES no campo sociolaboral.
  AP2 Xestionar todas as cuestións relativas ao ámbito das relacións laborais.
  AP3 Identificar os distintos tipos de empresas e sociedades incluídas as de economía social e os seus rexímenes xurídicos.
  AP4 Capacitar para xestionar os tributos relacionados co ámbito empresarial.
  AP5 Coñecer as obrigas das empresas en materia de Seguridade Social e os trámites pertinentes ante as entidades xestoras e colaboradoras.
  AP6 Identificar as competencias das entidades xestoras e colaboradoras da Seguridade Social na xestión de prestacións en España e na Unión Europea.
  AP7 Analizar a Seguridade Social dos traballadores que circulan no ámbito da Unión Europea.
  AP8 Adquirir coñecementos para unha idónea organización laboral nos cadros de persoal.
  AP9 Tomar decisións e buscar solucións consensuadas a problemas complexos relativos á situación socio-laboral da empresa.
  AP10 Seleccionar as opcións estratéxicas de Recursos Humanos máis acomodadas á contorna multidisciplinar da empresa.
  AP11 Elaborar planes de Recursos Humanos, coherentes co obxectivo a acadar.
  AP12 Xestionar os procesos de negociación entre as partes da relación laboral co fin de acadar consensos e acordos.
  AP13 Coñecer as medidas de solución de conflitos ao alcance de traballadores e empresarios e resolver cales resultan axeitadas en diferentes situacións.
  AP14 Adquirir as habilidades necesarias para poñer en funcionamento un Servizo de Prevención Propio ou Alleo e xestionalo.
  AP15 Coñecer as respostas da Administración fronte aos incumprimentos laborais e ser capaz de participar no procedemento administrativo sancionador.
  AP16 Xestionar as relacións laborais transfronteirizas e transnacionais, tan frecuentes no sur de Galicia.
TipoB Código  
  Profesionalizador
  BP1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
  BP2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  BP3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
  BP4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
  BP5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
  BP6 Adquirir un coñecemento amplo das institucións básicas do ámbito socio-laboral especialmente do Dereito do Traballo e da Seguridade Social.
  BP7 Desenvolver os coñecementos, habilidades e aptitudes que permitan unha idónea dirección e xestión laboral.
  BP8 Saber recoñecer os aspectos económicos da Seguridade Social e das Relacións Laborais.
  BP9 Desenvolver a capacidade de organización, planificación e toma de decisións.
  BP10 Adquirir os coñecementos necesarios nos campos laboral, tributario e de Seguridade Social para prestar servizos de asesoría socio-laboral.
  BP11 Planificar e organizar a prevención dos riscos laborais nas empresas.
  BP12 Seleccionar e confeccionar os contratos de traballo adecuados a cada situación laboral.
  BP13 Coñecer os dereitos e obrigas dos traballadores e as distintas formas de extinción do contrato de traballo.
TipoC Código  
  Mixto
  CM1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CM2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CM3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CM4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CM5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CM6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CM7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CM8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes