Teaching GuideTerm
Faculty of Work Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Subjects
  Basic Computer Science
   Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Enquisa para determinar os coñecementos previos, competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado.
Guest lecture / keynote speech Exposición, feita polo docente, dos conceptos básicos necesarios para que os estudantes poidan buscar solución aos problemas tratados no programa.
ICT practicals Aprendizaxe a través de actividades de carácter práctico mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC), favorecendo o desenvolvemento de habilidades por parte do alumnado.
Online forum Utilización do foro de Moodle para propor dúbidas e/ou responder ás preguntas dos compañeiros sobre calquera aspecto relacionado coa materia.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun único proxecto, no que o alumnado se forma traballando en necesidades reais da súa contorna co fin de mellorala. Plantexarase aos estudantes matriculados na materia a posibilidade de participar nunha actividade aprendizaxe-servizo con algunha entidade colaboradora. O alumn@ poderá escoller entre a actividade aprendizaxe-servizo ou o traballo tutelado, é dicir, esta actividade e a seguinte son excluíntes, de tal xeito que o alumnado só realizará unha delas. Polo tanto, o número de horas adicadas a esta actividade será a suma das previstas para cada actividade, é dicir, 7 horas de traballo presencial e 21 horas de traballo autónomo.
Supervised projects Tal e como figura na metodoloxía anterior o alumnado pode escoller entre aprendizaxe-servizo e traballo tutelado.
No caso do traballo tutelado os estudantes deberán realizar un traballo práctico relacionado con algún contido da materia. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo docente.
Practical test: Exame final que valora a aplicación práctica do conxunto de coñecementos e técnicas adquiridos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes