Teaching GuideTerm
Faculty of Work Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Subjects
  Business and Economics
   Methodologies
Methodologies Description
Workshop Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Se realizarán prácticas dos contidos da asignatura. Dentro dos métodos existentes para facer prácticas dos contidos teóricos estudados utilizaremos o de probas de ensaio ou resposta libre coa posibilidade de ser complementados con probas de tipo test. A aplicación deste método implica a formulación dunha ou varias cuestións, que el alumno deberá desenvolver. O profesor utilizará como principios do procedimento de corrección:
- A precisión na resposta.
- A utilización de representacións gráficas como medio de expresión dos razonamentos.
- A identificación dos conceptos e relacións relevantes.
-Xerarquizar a súa importancia.
Guest lecture / keynote speech É a información ou desenvolvemento de contidos que incide sobre o nivel de coñecementos do alumno e que serven de punto de partida para a consolidación das aprendizaxes.
A lección maxistral consiste na exposición oral e sistematizada por parte do profesor, có fin de transmitir certos coñecementos ao alumno. É un recurso didáctico que permite ao profesor transmitir con precisión os conceptos mais importantes da materia, e debera polo xeral, reflectir coñecementos que lles sería difícil de atopar aos alumnos por outros meios.
A lección maxistral servirá fundamentalmente para transmiti-los contidos do programa dunha forma sistematizada e respetando unha orde expositiva que teña en conta os aspectos seguintes:
- Exposición dun marco global inicial que permita centra-lo tema.
- Análise dos aspectos principais que integran o tema.
- Síntese integradora do exposto.
- Fixación breve e sinóptica do tema.
Será empregada principalmente ao inicio dos contidos teóricos pois estes requiren dunha presentación global, sintética e con rigor científico e claridade expositivar.
Objective test Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes