Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Economía e Empresa
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Non é imprescindible ter coñecementos previos sobre temas económicos, ainda que os alumnos procedentes do bacherelato de CC Sociais disporán dunha formación previa que lles permitirá facer un menor esforzo porque xa estarán algo acostumados a medoloxía empregada nas analise económicas e a súa terminoloxía ao ter cursado Economía e Economía e organización de empresas.

Para un mellor rendimento na aprendizaxe é importante facer titorías grupais e individuais. Esta recomendación está especialmente indicada no caso de estudantes con dedicación ao estudo a tempo parcial.

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxetivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol" nesta materia deberán terse en conta as seguientes recomendacións: 

1.- A entrega dos documentos producidos farase en formato dixital ou soporte informático, a través do correo electrónico, sen necesidade de imprimilos, excepto no caso que se indica no punto 2 (seguinte).

2.- Se o alumno ten a dispensa que contempla a udc para non asistir as sesións presenciais, as produccións requeridas para a súa avaliación se farán todas agrupadas nunha única entrega en papel. Para facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural, se fara a dobre cara, dúas páxinas por folla e sen plásticos.

3.- Nesta materia traballarase para incorporar a perspectiva de xénero e identificar e modificar prexuizos e actitudes sexistas, e influir na contorna para fomentar valores de igualdade.

4.- Tamén facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, ou psíquicas, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria, adaptando para elo, previa solicitude do alumno, a metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe e a avaliación a cada caso particular.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes