Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias del Trabajo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Teoría das Relacións Laborais
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Teoría das Relacións Laborais Código 760G01010
Titulación
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Vizcaíno Ramos, Iván
Correo electrónico
i.vizcaino@udc.es
Profesorado
Vizcaíno Ramos, Iván
Correo electrónico
i.vizcaino@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral 1. Cúrsase no primeiro curso do grao, como materia obrigatoria. 2. Trátase dunha materia a través da que se pretende capacitar ao estudantado no emprego dos conceptos, das perspectivas e dos modelos de produción en que poden operan as relacións laborais. 3. Os contidos da materia, estreitamente relacionados coas demais materias que conforman o plano de estudos, responden á necesidade de incorporar á formación do estudantado as habilidades e ferramentas esenciais para coñecer as dinámicas que teñen lugar nas relacións laborais, tanto individuais como colectivas. 4. Concretamente, perséguese que o estudantado poida realizar unha análise da realidade xurídico-laboral, tendo en conta a súa capacidade para comprender o carácter dinámico e cambiante das relacións laborais, para percibir as diferencias existentes entre os diferentes modelos de relacións laborais, para valorar as decisións emanadas dos suxeitos que interveñen nas relacións laborais, para analizar o comportamento dos axentes sociais nos diferentes modelos de relacións laborais, e por último, para apreciar as diferencias existentes entre os diferentes modelos de benestar 5. Todo isto explica que se establezan como obxectivos: 1) capacitar para comprender o carácter dinámico e cambiante das relacións laborais; 2) capacitar para comprender as diferencias existentes entre os diferentes modelos de relacións laborais; 3) capacitar para valorar as decisións emanadas dos suxeitos que interveñen nas relacións laborais; 4) capacitar para valorar o comportamento dos axentes sociais nos diferentes modelos de relacións laborais; e 5) capacitar para comprender as diferencias existentes entre os diferentes modelos de estados de benestar.
Plan de continxencia
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes