Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Teoría das Relacións Laborais
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Supón o emprego de documentos bibliográficos e audiovisuais relevantes para a temática da materia con actividades específicamente deseñadas para a súa análise. Pódese empregar como introducción a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non poder ser observados directamente e para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contados teóricos ou prácticos.
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos en que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por unha persoa que modera.
Estudo de casos Situación específica que plantexa un problema que debe ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, través dun proceso de discusión. O estudantado debe sitúase diante dun problema concreto (o caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, relativos a un campo particular, para chegar a unha decisión razonada a través dun proceso de discusión (dirixida ou non) en grupos.
Presentación oral Intervención propia dos procesos de ensino-aprendizaxe basada na exposición verbal, a través da que o estudantado e a persoa encargada da docencia interactúan dun modo ordenado, plantexando cuestións, realizando aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Proba obxectiva Empregada para a avaliación do aprendizaxe, cuxo rasgo distintivo é a posibilidade de determinar se as despostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida que permite a través dun cuestionario de preguntas avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendimento e aptitudes.
Portafolios do alumno A os efectos de esta materia o portafolios do alumno designa o conxunto de traballos, prácticas e tarefas de calquera índole realizadas e entregadas polo alumno durante o cuatrimestre conforme a os criterios sinalados polo profesor.
Sesión maxistral A sesión maxistral (tamén coñecida como conferencia, método expositivo ou lección maxistral) supón unha exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introducción de preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes