Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Dereito do Traballo I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A13 B1 B2 B21 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.
Farase un exame parcial, ao final do cuadrimestre, respecto da totalidade da materia da materia. Constará de dúas preguntas a desenvolver, que se puntuarán cada unha de "0" a "10", e tres preguntas máis curtas (nas que se valorará a precisión e a concreción na contestación), que se puntuarán cada unha de "0" a "5". O resultado do exame será unha media ponderada dunhas e outras.
Quen non aproben este exame parcial poderán presentarse a un final, co mesmo tipo de preguntas que o parcial.
80
Sesión maxistral B12 B20 Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como %ou201Cconferencia%ou201D, "método expositivo" ou "lección maxistral". Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
10
Estudo de casos A14 A27 B6 C3 C4 Metodoloxía onde o suxeito enfróntase ante a descrición dunha situación específica que expón un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. 10
 
Observacións avaliación

Os alumnos que non superen o aprobado cos criterios anteriores de valoración someterase a un exame final da materia, o día e hora sinalados polo centro.


Os alumnos que teñan recoñocido dedicación a tempo parcial de esta materia, (sempre que devandito reconocemento sexa oficial) teran a posibilidade de superar a mesma a trváes dun exame teórico peáctico que levará a cabo nas datas establecidas oficialmente pola Facultade, e haberá de presentar os exercicios que se lle hagan llegar por vía telemática.
En canto á segunda convocatoria os requisitos serán os mesmos que na primera convocatoria.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes