Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Dereito do Traballo I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A13 B1 B2 B8 B21 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.
Farase un exame parcial, ao final do cuadrimestre, respecto da totalidade da materia da materia. Constará de dúas preguntas a desenvolver, que se puntuarán cada unha de "0" a "10", e tres preguntas máis curtas (nas que se valorará a precisión e a concreción na contestación), que se puntuarán cada unha de "0" a "5". O resultado do exame será unha media ponderada dunhas e outras.
Quen non aproben este exame parcial poderán presentarse a un final, co mesmo tipo de preguntas que o parcial.
70
Traballos tutelados B9 B14 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
25
Sesión maxistral B20 B12 Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como %ou201Cconferencia%ou201D, "método expositivo" ou "lección maxistral". Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
5
 
Observacións avaliación

Os alumnos que non superen o aprobado cos criterios anteriores de valoración someterase a un exame final da materia, o día e hora sinalados polo centro.


Os alumnos que teñan recoñocido dedicación a tempo parcial de esta materia, (sempre que devandito reconocemento sexa oficial) teran a posibilidade de superar a mesma a trváes dun exame teórico peáctico que levará a cabo nas datas establecidas oficialmente pola Facultade, e haberá de presentar os exercicios que se lle hagan llegar por vía telemática.
En canto á segunda convocatoria os requisitos serán os mesmos que na primera convocatoria.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes