Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Dereito Sindical II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A13 A14 A20 A27 A31 A33 A35 B1 B5 B6 B9 B12 B13 C1 C4 C7 A valoración do conxunto de prácticas e traballos realizados polo alumno permite evaluar o progreso dos coñecementos obtidos e o traballo que o alumno realiza sen presenza da persoa encargada da docencia, especialmente en orden á sua aplicación na práctica. 50
Proba obxectiva A1 A14 A27 B1 C4 C1 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
50
 
Observacións avaliación

I. CRITERIOS XERAIS DE AVALIACIÓN 1. Do volume total do
traballo do estudantado nesta materia, unha grande parte corresponde ao
traballo individual ou en grupo que o propio estudantado se compromete a
realizar sen a presenza da persoa encargada da docencia. 2. A avaliación da
aprendizaxe debe comprender tanto o proceso como o resultado obtido, tendo en
conta sempre que a maneira de avaliar condiciona o método de aprendizaxe e
inflúe na propia aprendizaxe. 3. A proba escrita obxectiva avalía o resultado
obtido, mais non permite avaliar con exactitude o proceso de aprendizaxe.
Precisamente por isto, valorarase o rendimento e as aprendizaxes acadadas a
través da combinación entre actividades de avaliación formativa e de avaliación
final, de modo que a cualificación será o resultado da avaliación continua e da
realización dunha proba final. 4. A avaliación continua implica valorar o
esforzo e o proceso na aprendizaxe por medio da participación do estudantado.
5. A proba obxectiva implica valorar os resultados da aprendizaxe. 

II. CRITERIOS ESPECÍFICOS DA AVALIACIÓN 

1º) A puntuación total da asignatura comprende dúas partes :
a proba obxectiva que representa o 50% da nota, e o conxunto de prácticas
realizadas durante o curso ,que comprenderá o 50% restante. A entrega das
prácticas para a súa valoración polo profesor só poderá realizarse na
plataforma Moodle e dentro do plazo indicado en cada caso polo profesor.

2º) É imprescindible acadar o 50% da cualificación correspondente a cada un dos apartados a avaliar para que se sumen as diferentes metodoloxías de cara a obter unha nota media final. De non conseguir o mínimo esixido nalgunha das partes, o alumno non superará a matería.

3º) O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá cumplir cos mesmos requisitos que o resto do alumnado, ao non ter ponderación na súa avaliación a asistencia presencial a clase.

III. SEGUNDA CONVOCATORIA: Na convocatoria de Xullo os alumnos deberán examinarse da parte da asignatura que non superasen na convocatoria ordinaria, gardándose a nota da parte superada. É dicir: de ter superada a proba obxectiva, deberían entregar o portafolios; de ter superado o portafolios, deberían realizar a proba obxectiva; de non ter superada ningunha, deberán superar ambalas dúas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes