Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Técnicas de Investigación Social
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A sesión maxistral consiste na explicación do programa do tema durante as clases. É recomendable a asistencia ás clases para ter un seguimento continuo das tarefas a realizar.
Os temas tratados nas sesións de exposición complementaranse con algúns textos de lectura obrigatoria para os estudantes. Estes textos tamén formarán parte do material do tema sobre o que se farán preguntas na proba obxectiva.
Prácticas a través de TIC Os alumnos levarán a cabo diferentes prácticas na aula nas que aprenderán a aplicar os coñecementos expostos nas sesións maxistrais e nas lecturas e con isto prepararanse para facer os traballos titorizados de xeito máis autónomo.
Obradoiro O tema, os seus contidos e a súa aplicación práctica articúlanse a través dun obradoiro de análise de datos e visualización no que os estudantes serán introducidos no software SPSS.
Traballos tutelados Os estudantes realizarán diversas prácticas en grupo ao longo do curso. Todas estas prácticas unificaranse nun portafolio que se entregará ao final do curso. A preparación das prácticas realizarase co apoio e supervisión do profesor.
Proba obxectiva Exame tipo test sobre o contido do programa, que se celebrará en datas oficiais.
Presentación oral Outra faceta a desenvolver dentro da planificación da materia é que o alumnado se acostume a falar en público e, máis concretamente, a presentar os informes técnicos resultantes do seu traballo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes