Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Traballo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos (Ferrol)
 Asignaturas
  Economía Española
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O profesor presentará a materia ao estudante e, se fose ocaso, avaliará os seus coñecementos previos
Sesión maxistral O profesor explicará contidos básicos da materia mediante exposicións orais complementadas con medios audiovisuais e preguntas dirixidas aos estudantes, ca finalidade de transmitir coñecementos e orientar a aprendizaxe.
Presentación oral O/a estudante deberá presentar oralmente 1 ou 2 temas de actualidade sobre a economía española.
Lecturas O/a estudante realizaraas sobre aspectos do temario da materia. O profesor poderá seleccionar as lecturas máis oportunas de entre a bibliografía da materia.
Obradoiro O/a estudante traballará sobre as lecturas programadas. Poderá consistir en dar solución a problemas, ensaios, respostas a preguntas, resumos etc. Poderá ser obxecto de seminarios, debates ou postas en común.
Proba mixta Proba escrita sobre os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos sobre a economía española. Trátase dos exames oficiais da materia, durante os períodos de exames. Avaliarase o coñecemento dos contidos teóricos e prácticos da materia. Poderá conter unha pregunta onde o/a alumno/a deba expoñer un tema co apoio de datos sobre variable/s relevante/s do programa. Tamén poderá haber preguntas de resposta breve, de resposta múltiple, prácticas etc.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes